O Parlamento aproba unha proposta do PSdeG-PSOE para cubrir a praza de enfermería no Centro de Saúde de Leiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Comisión de Sanidade do Parlamento aprobou onte por unanimidade a proposta do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que cubra a praza de Enfermería vacante no Centro de Saúde de Leiro nun prazo máximo dun mes. A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta presentou esta iniciativa para esixir unha atención sanitaria “en igualdade de condicións” no Concello ourensán.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Carmen Rodríguez Dacosta acusou ao PP de ter “castigados” aos 1.387 veciños e veciñas que son atendidos no Centro de Saúde do Concello de Leiro ao crear unha segunda praza de Enfermaría pero deixándoa sen cubrir a pesares das peticións da Comisión de Centro de Atención Primaria de Ourense. Esta desatención está a provocar un malestar cidadá coa xestión da sanidade pública que ten confluído en protestas como a do pasado domingo na capital de Galicia.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Esixiulle ao PP e ao goberno galego que atendan á presión profesional, política e social reclamando unha sanidade pública digna e de calidade, que precisa de profesionais e da cobertura inmediata das prazas que están a deixar abandonadas como sucede en Leiro.

A proposta aprobada esíxelle tamén ao goberno galego que se coordine co Concello de Leiro para asegurar unhas instalacións adecuadas para que estas profesionais poidan traballar en condicións. Dixo que a cidadanía “non ten por que padecer a falla de coordinación entre as administracións autonómica e local”, esta última titular do inmoble e responsable de garantir unhas instalacións axeitadas para instalar a segunda consulta de Enfermaría.

O PP pediu o voto da iniciativa por puntos deixando sen aprobar o apartado no que lle reclamaba á Xunta que informara ao Parlamento nun prazo máximo de dous meses das actuacións realizadas para garantir a cobertura do persoal e a adecuación das instalacións.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------