O Carballiño acolleu a presentación do sexto Polo de Emprendemento

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, inaugurou hoxe o novo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Miño Central nas instalacións do ApartHotel Arenteiro, no Carballiño. Estivo acompañada polos alcaldes da contorna, así como por emprendedores e interesados no sector.

Este novo servizo que se poñerá en marcha contará con dous técnicos e cun sistema intelixente que analiza as posibilidades de emprendemento de cada zona, que ademais irán guiando a cada emprededor e cada proxecto na fase na que se atope.

AVANTAR ACTIVIDADES