Cheo total nos obradoiros virtuais e presenciais do FETEGA e novidades na programación

O pasado venres remataron, con cheo total, os obradoiros do FETEGA que se celebrará no Carballiño do martes 23 ao sábado 26 de setembro. Como novidades desta edición, o festival rematará en sábado coa gala de entrega de premios, aos que opta tamén a obra escenificada ese mesmo día.

Un ano máis, as persoas que o desexen poderán formar parte da organización e vivir o festival desde unha perspectiva diferente, coñecendo actores, actrices e compañías de teatro, poderán facelo coma voluntarios. Terán ademais dereito a aloxamento e comidas. O prazo para inscribirse, a través do formulario que se atopa nas redes sociais do evento, remata o domingo 6 de setembro. Poderán facelo a través do seguinte formulario: https://forms.gle/J3MumSJQRfiXaTtg7

AVANTAR ACTIVIDADES

En palabras de Carlos Ledo, o novo director do FETEGA: “É unha moi boa noticia nestes tempos de Covid, a xente ten gana de teatro e de aprender, e a pandemia non está a ser impedimento, tomamos todas as medidas nas actividades que se desenvolven de xeito presencial”.