A campaña #QuedaNaCasa da Deputación xa rematou

A campaña #QuedaNaCasa que o pasado 23 de marzo puxo en marcha a Deputación de Ourense co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia de permanecer no domicilio para loitar contra o COVID-19, chegou ao seu fin. Medio centenar de destacados personaxes da cultura, a xudicatura, o xornalismo, a Igrexa, o deporte ou as artes, participaron nesta iniciativa solidaria que rexistrou máis de 60.000 visitas nas redes sociais, unha abafadora mostra de solidariedade que desde a Deputación de Ourense queremos agradecer, a participantes e público, porque entre todos fixemos algo importante: unirnos nunha causa tan importante como a loita contra o coronavirus, afirma o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen valora o acerto que tivo esta campaña de comunicación e a ?exitosa resposta? da sociedade, valorando que esta acción enmárcase dentro das iniciativas sociais, económicas e de cooperación con concellos e cidadanía para combater xuntos a pandemia do coronavirus, comenta Baltar.

Nos últimos días uníronse coa súa mensaxe personalidades do mundo da cultura, o cinema e a música como: Xabier Casares, Juan Luís Saco, Elena Galego, Perico Asorey, Xosé Carlos Caneiro, Raquel Rivera, Paco López Barxas, Norberto López Amado, Alfredo Conde, Luís González Tosar e Miguel Anxo Fernández; do xornalismo: Raquel Domínguez, Demetrio Morenza e Rosa Conde; do ámbito económico: Xullo Lage; do deporte: Tamara Echegoyen, Ramón Dacosta, Gonzalo Igrexas Morenín e Sonia Pacios; do ámbito gastronómico: Miguel González, e o politólogo Eladio Jardón. Xunto a eles colaboraron o humorista Moncho Borrajo; o músico Iván Caride; a atleta Leticia Gil; o exfutbolista Borja Fernández, a presentadora de televisión Rosa Conde; o mago Teto; o cantautor Emilio Rúa; a futbolista Vane Sotelo e o músico Daniel Minimalia; as actrices Ledicia Soa e Mariana Carballal; o actor Sergio Pazos; o xuíz José Antonio Vázquez Taín; os presentadores Xosé Manuel Piñeiro e Leticia Igrexas; o escultor Acisclo Manzano; o xornalista Marco Rocha; os ciclistas Pablo Rodríguez e Anne Santestevan; o arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo; a cantante María do Ceo; o músico Víctor Prieto; o cineasta Xavier Bermúdez, e o exfutbolista Miguel Anxo.

AVANTAR ACTIVIDADES