A Pena dos Namorados contará cun novo mirador e entorno mellorado

A Pena dos Namorados contará cun novo mirador na parte alta do monumento, xusto ao pé da gran rocha que coroa este enclave de interese arqueolóxico e paisaxístico no entorno do Parque Etnográfico do Arenteiro e do Cámping Municipal.

Publicidade

Preténdese mellorar o acceso a este importante recurso turístico municipal mediante a pavimentación do acceso dende o cámping con formigón impreso e o ancheamento do acceso á zona recreativa de descanso.

Finalmente, instalarase unha nova sinalización turística con sinais direccionais, un panel informativo e outro panel con texto en braille.

Debido ao perigo que conlevaba a anterior escaleira de acceso á zona de descanso do mirador xa existente, será eliminada e contará cunha nova barandela e o acceso tamén se realizará a través dun sendeiro e unha pasarela de madeira.

O proxecto supón potenciar este entorno situado fronte á antiga fábrica de papel da Lavandeira, no Paseo do Arenteiro, e a carón do cámping municipal, do Museo Etnográfico do Arenteiro e da Piscifactoría.