O expresidente do Congreso e
exministro de Defensa, José Bono, estará este mércores 16 de novembro na
cidade de Ourense falando sobre relixión e socialismo, nunha conferencia
aberta a toda a cidadanía. O acto terá lugar na salón de conferencias da sede
de Afundación da terceira cidade de Galicia a partir das 19:30 horas e será
presentado polo secretario provincial do PSdeG-PSOE, Rafa Villarino.
José Bono Martínez naceu o 14 de decembro de 1950 en Salobre (Albacete).
Estudou o bacharelato no colexio dos xesuítas de Alacante e fixo a carreira de
Dereito en ICADE, licenciándose pola Universidade de Deusto. Con dezanove
anos ingresa no Partido Socialista do Interior e logo Partido Socialista Popular
(PSP). Ao terminar os seus estudos exerceu a profesión de avogado que
compaxinou coa tarefa docente universitario.
Nas eleccións de marzo de 1979, foi elixido deputado pola provincia de
Albacete. No mes de xuño de 1983, foi elixido por primeira vez presidente de
Castilla-La Mancha, cargo que desempeñou ata 2004 acumulando seis maiorías
absolutas. En 2004 foi designado ministro de Defensa do goberno de José Luis
Rodríguez Zapatero. En 2006 foi nomeado membro do Consello de Estado,
cargo ao que renunciou ao ser elixido presidente do Congreso en abril de 2008.
O piar fundamental da súa actuación política é o seu “compromiso co socialismo
de raíces cristiás e humanistas”.