As investigacións sobre o asesinato en México de Carlos Estévez Alvarez, natural de Avión apuntan a que foi un intento de secuestro.

O empresario, de 66 anos, recibiu doce disparos nun asalto organizado por tres persoas na lavandería que abrira na capital

O negocio era parte dunha cadea hostaleira que rexentaba xunto ao seu fillo, Carlos Miguel Estévez.

AVANTAR ACTIVIDADES

O suceso que golpeou a Avión enmárcase nunha recente onda de delincuencia que xera preocupación entre os empresarios. Aínda que este último caso segue o esquema de decenas de asaltos que acabaron coa morte de emigrantes galegos no país azteca nas últimas décadas, desde hai meses hai máis tensión e máis medo. Aumentou o número de crimes relacionados coa reclamación de pagos a cambio de protección.

Non é de extrañar que algúns empresarios se replanteen a súa situación en México e decidan voltar para Galicia pola inseguridade que teñen