Comunicado BNG Castrelo de Miño

Tras os últimos comunicados vertidos nos medios de comunicación por parte do PSOE e o PP de Ourense, o BNG de Castrelo de Miño pón de manifesto:

1. Esixímoslle ao Partido Popular e ao seu candidato Feijoo, que presume de gran xestor tendo o poder grazas ao caciquismo levado a cabo polo clan Baltar, que saia publicamente opóndose a futuros pactos con tránsfugas do PSOE mercados polo PP de Ourense. Do mesmo xeito, esixímoslle ao PSOE e ao seu candidato Caballero, a expulsión inmediata dos concelleiros e a aplicación da lei antitransfuguismo. De non facelo, estarán de acordo coa moción de censura en contra do BNG. As desculpas esgrimidas polos tránsfugas para irse do PSOE non son críbeis, máis ben son sacadas do gabinete de comunicación do PP de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

2. O BNG de Castrelo de Miño ofertou un pacto formal de goberno o 10 de xuño de 2019 ao PSOE de Castrelo de Miño o cal rexeitaron. Dende o PSOE provincial de Ourense apelan a que a data de hoxe, hai un pacto enriba da mesa co BNG de Castrelo de Miño, un pacto con dous tránsfugas?? Non dan os números!

3. O PSOE de Castrelo de Miño, recolle o que leva 13 anos sementando, odio irracional ao BNG e colaboración co PP de Castrelo de Miño, onde no que vai do actual mandato dun ano escaso, votaron en pleno conxuntamente co PP e en contra do goberno nacionalista en 11 ocasións.