Galicia comeza a administrar a cuarta dose fronte a covid nas residencias

Galicia iniciou hoxe unha nova campaña de inmunización contra a covid-19. Farao, como en ocasións anteriores, comezando pola poboación máis vulnerable, a que reside en residencias e centros sociosanitarios. Serán unhas 21.000 persoas as que se inmunizarán en total nun período que Sanidade calcula dunhas dúas semanas, dentro dun proceso que, neste caso, non se fará por orde de idade, senón por centros, e que avanzará de forma simultánea en residencias das catro provincias.

Posteriormente, no mes de outubro, a Consellería de Sanidade iniciará unha segunda fase de administración desta cuarta dose na que comezará no grupo de máis de 80 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tanto para o colectivo de maiores de 80 anos como para o seguinte, de 60 a 80 anos, empregaranse os grandes centros de vacinación, sempre que sexa posible. Galicia conta na actualidade conta con 400.000 doses de vacina para a cuarta dose contra o covid-19.

Como novidade, nesta ocasión inmunizarase simultáneamente contra a gripe o reforzo do covid, algo que comezará o luns nas residencias e que posteriormente se trasladará aos ‘centros de vacinación’. a vacina da gripe, este ano, será para os maiores de 65 anos.