Beariz rendeu homenaxe á Nosa Señora da Asunción

Este pasado sábado como é tradicional tivo lugar en Beariz o Rosario das Antorchas. A partir das 10 da noite saíron en procesión, levando a imaxe da patroa, A Nosa Señora da Asunción, e visitando os cinco misterios, distribuídos en altares con imaxes da parroquia, por diferentes puntos de Beariz.

Este foi o punto de partida a unhas festas que culminaron o domingo e tamén onte luns. Onte foi o seu día grande, con misa e procesión e pasarrúas ca charanga Equipo B. Ademais de desfrutar de grandes verbenas, cas orquestras Amazona e Principal.

AVANTAR ACTIVIDADES