O Carballiño segue ca tendencia á alza subindo ata os 461 contaxios activos

Publicidade ASPADISI

A comarca do Carballiño rexistra 648 contaxios. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 461 casos activos, 61 contaxios máis nesta fin de semana. Maside baixa un casos ata os 57. Punxín sobe un caso ata os 32. San Cristovo de Cea sobe cinco casos ata os 30 positivos. San Amaro sobe cinco casos ata os 28 contaxios. Boborás baixa un caso ata os 25. O Irixo sobe tres casos ata os 18. Piñor sobe ata os 9 casos e Beariz sobe ata os 8.

No Ribeiro, Ribadavia sobe 23 casos ata os 172 casos activos. Melón baixa tres casos ata os 28. Leiro sobe cinco casos ata os 25 positivos. Arnoia sobe ata os 21 contaxios. Cortegada sobe ós 22 casos. Carballeda de Avia sobe ata os 19, Castrelo de Miño sobe ós 15 casos, Avión sobe ós 12 casos e Cenlle ós 13 e Beade mantén seis.

A comunidade galega rexistra hoxe 2.398 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un descenso. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 67.724, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (+2) están en UCI e 449 (+106) en unidades de hospitalización.

Publicidade Premer na Imaxe

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 366 contaxios novos, unha cifra que se mantén estable, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 8.586 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 72 (+11) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (+1)  na UCI.