Un dos incendios en Melón queda extinguido con 35 hectáreas arrasadas

O primeiro lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, que se orixinara ás 22,30 do luns, quedou extinguido ás 12,18 horas de hoxe. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 35 hectáreas, das cales 17 ha foron arboradas e 18 ha en monte raso. Na súa extinción participaron 6 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas e 1 helicóptero.

Ademais, o segundo lume rexistrado no mesmo lugar, que se orixinou ás 22,38 h. do martes, permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participan 15 axentes, 21 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

AVANTAR ACTIVIDADES

O incendio rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia homónima, comezou ás 22,11 h. do luns e tamén segue activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. No control deste lume levan traballado 2 técnicos, 23 axentes, 51 brigadas, 37 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnica de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.