A Xunta convoca unha liña de axudas para impulsar as prazas de abastos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou do novo programa de axudas dotado con 870.000 euros co que a Xunta de Galicia impulsará a dinamización das prazas de abastos e a creación dunha rede de mercados excelentes nos municipios galegos.

A convocatoria contempla axudas tanto para os concellos como para as asociacións e federacións de praceiros. Realizaranse melloras en accesos e infraestruturas, no mantemento ou na eficiencia enerxética. Tamén se impulsará a mellora dos servizos á clientela, a creación de marketplaces ou campañas de dinamización.

AVANTAR ACTIVIDADES

Conde salienta o papel que desenvolven as prazas na vertebración do territorio en Galicia, e a súa importancia na dinamización económica, sendo un exemplo do que significa o comercio de proximidade na Comunidade.