Presentación da nova FP Dual en Automoción

O CIFP As Mercedes acolleu este mércores 21 de xuño a presentación da nova FP
Dual en Automoción especializada en mecánica de Competicion, unha formación
precursora e única na educación pública en España.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Educación, Román Rodríguez
e o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño,
presentaron os detalles dunha formación pública única a nivel nacional e que será
referencia na modalidade e que convertirá a autonomía nun referente na formación
deste tipo a nivel nacional.


O centro de formación galego foi protagonista da xornada, que contou coa presenza de
Sergio Vallejo, José Alonso Liste, César Díaz, Iago Rodríguez e a unidade de Daniel
Berdomás, nunja xornada de festa para o automobilismo galego.
En total serán 22 prazas nesta primeira promoción que abrirá o prazo de inscripción o
día 23 de xuño e pechará o 5 de xullo, nunha FP Dual que terá a colaboración dos
principais equipos de competición galegos e de Castela e León.

AVANTAR ACTIVIDADES