Tiruleque inicia este sábado un ciclo de once representacións de teatro afeccionado galego. Hoxe as 20:30 h no Auditorio ” A Farsa do Maitre Pathelín “

Tiruleque inicia este sábado un ciclo de once representacións de teatro afeccionado galego, que se desenvolverán en outubro e novembro no auditorio municipal do carballiño

Comeza este sábado o Circuíto Galego de Teatro Amador 2020, que se desenvolverá neste mes de outubro no auditorio municipal, e que abrirá o grupo de teatro Tiruleque coa obra A Farsa do Maitre Pathelín, este sábado día 3 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. Conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do concello do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este ciclo antecede á XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, que comeza o 12 de outubro e que contará con sete actuacións ata o mes de novembro.