O 7 de marzo Representación da Obra de Teatro ” Bernarda “

A OBRA DE TEATRO “BERNARDA”, DE MALASOMBRA PRODUCIÓNS, CON CINCO NOMINACIÓNS AOS PREMIOS MARÍA CASARES, REPRESÉNTASE O 7 DE MARZO NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO

O espectáculo Bernarda, da compañía Malasombra, dirixida por Xoque Carbajal, e que conta con cinco nominacións nos apartados máis relevantes dos Premios María Casares 2020: Mellor espectáculo, Mellor texto orixinal, Mellor dirección, Mellor actriz protagonista e Mellor actriz secundaria, estará no auditorio municipal do Carballiño o próximo 7 de marzo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta representación, que terá lugar ás 20,00 h., realízase en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios (Agadic).

“BERNARDA” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos na nosa contorna a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos, vemos a realidade de forma totalmente diferente.

Este choque xeracional, que como na vida mesma tamén ocurre en “BERNARDA”, por momentos nos fai chorar, porque a veces as situacións vólvense tensas e duras, e outras veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xurde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación.

Actrices: Luisa Merelas, Celia González y Esther Aja

Autor y director: Jose Prieto