Ribadavia axilizará os tramites para a reforma do centro de saúde.

O Goberno de Ribadavia mantivo  contactos co SERGAS destinados a axilizar a reforma do centro de saúde, así ven de recibir a petición de licencia de obra que debe outorgar o Concello de Ribadavia.

Publicidade

Desde o Concello de axilizaremos a licencia de obra, e ademais trasladaremoslle ao SERGAS propostas de melloras en dito proxecto, tales como abrir un vial de acceso ao actual aparcamento e a súa mellora.

Esta reforma foi unha reivindicación realizada durante moitos anos, e que mesmo foi reclamada no Parlamento de Galicia en varias ocasións, como consecuencia da non  construción do novo Centro de Saúde proxectado no Campo da Feira e asinada por Xunta e Concello antes no ano 2009.

Desde o Concello consideramos unha moi boa nova que se comece a concretar unha débeda histórica que o SERGAS tiña coa comarca do Ribeiro e con Ribadavia.

O Concello está redactando unha memoria de melloras a través dos servizos técnicos con informes da Policia Local e da Oficina de Urbanismo, propoñendo a intervención de mellora no actual aparcamento.

Características do Proxecto:

A intervención na envolvente exterior do centro contempla varias actuacións nas fachadas e cuberta dotando de illamento térmico toda a envolvente do edificio e renovando as carpinterias exteriores as protección solares e a cubricíón do endifico. Tamén se renovarán os aseos de uso común do centro e pintarase o interior completamente.

As obras contempladas neste proxecto son todas obras de conservación necesarías para o mantemento do uso existente. Estas obras non afectan á volumetría exterior.

Orzamento:

A execución desta obra de reforma ascende a 481.000 euros, sendo de 692.815 euros con IVE incluído. 

Sendo unha reforma moi necesaria, é un orzamento moi inferior ao Convenio asinado entre Concello e Xunta en  2009 para a construción dun novo  Centro de Saúde en Ribadavia, ubicado no Campo da Feira, que ascendía a 2.881.994 euros.

O Concello fará propostas de mellora ao Proxecto do SERGAS:

Trasladaremoslle ao SERGAS unha Memoria técnica elaborada pola Oficina de Urbanismo e Policia local na que se recolle unha petición de intervención no actual aparcamento para a súa mellora:

–         Apertura do aparcamento a través do derrubamento dos actuais muros e barreiras arquitectónicas.

–         Creación dun vial que una a rúa do Carballiño coa rúa Veronza.

–         Creación dunha zona de parada e estacionamento de ambulancias e servizos médicos, e un carril de servizo para usuarios e taxis.

A creación deste vial é unha petición unánime da sociedade ribadaviense, tanto de usuarios como de sanitarios, e que ven avalada por informes técnicos que mellorarían tanto a mobilidade como a circulación nesta zona, que con este vial se vería amplamente mellorada.