O Carballiño segue baixando, ata os 56 casos activos. Beariz e San Amaro están libres de covid

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 90, unha cifra que baixa notablemente pola evolución de varios concellos, baixando da barreira dos 100 casos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta vila, hoxe os datos baixan ós 56, cinco casos menos ca onte. Se nos fixamos nos novos contaxios producidos nos últimos 14 días, a cifra baixa ata os 53.

San Cristovo de Cea baixa un caso ata os 10 contaxios. O seguinte concello da comarca con mais casos é o de Maside, que baixou ata os 9 (-1) contaxiados. Boborás mantén os datos de onte, con 8 contaxios. Punxín mantén os 5 contaxios. Piñor e O Irixo contan cun caso activo. Beariz mantense libre de coronavirus e súmase a este o concello de San Amaro, que tamén está libre de virus.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------