Ribadavia celebra este mércores con procesión e misa solemne a festividade de San Pedro Mártir

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro mércores, 29 de abril, a capital do Ribeiro celebrará a festividade do mártir dominico San Pedro de Verona, que na tradición popular é invocado como protector das enfermidades da cabeza.

O programa de actos para esta xornada na vila de Ribadavia contempla unha misa ás 11,00 horas na igrexa de Santo Domingo, que irá seguida, ás 12,00, dunha procesión na que participará unha sección da Banda de Gaitas de Celanova. Unha vez rematada, oficiarase unha misa solemne no mesmo templo parroquial.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A romaría de San Pedro Mártir estaba considerada como unha das máis multitudinarias da provincia de Ourense, un feito que deu pé a que, no ano 1964, se comezase a organizar a agora tradicional ‘Feira do Viño do Ribeiro’ coincidindo con esta celebración festiva na honra deste santo. Da antiga romaría aínda pervive o rito de pasar de tres a nove veces por debaixo da imaxe de San Pedro para recibir a súa protección.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------