Os socialistas da Veiga solicitan á Xunta a mellora da conexión entre as estradas ou-533 e a ou-804 para darlle un acceso “decente” á capitalidade do municipio

Fernando Fernández recorda que “a conexión entre a as estradas OU804 e a OU-533 está nunhas condicións impropias dun acceso decente e de calidade á capitalidade dun concello Os socialistas destacan a situación de abandono que “afecta gravemente á seguridade e á confortabilidade dos viaxeiros” e “afonda nos problemas do rural como o despoboamento”

Os socialistas da Veiga solicitarán no próximo pleno a mellora da conexión entre as estradas OU-533 que une A Gudiña e a Rúa coa estrada OU-804 entre o alto de Covelo e A Veiga para darlle un novo acceso “decente” á vila. Nunha moción reclaman que a corporación local inste á Xunta, como titular que vai ser das estradas, que proceda “tan pronto como sexa posible á redacción e execución dun proxecto para mellorar a conexión destas estradas no Alto de Covelo, que na actualidade non ofrece seguridade para os usuarios”. Así mesmo a iniciativa solicita que actúe nos 11,4 quilómetros da OU-804 para “dotar a ese tramo de características de estrada autonómica, en canto a anchura, beiravías, trazado e capa de rodadura”. O voceiro do PSdeG-PSOE neste municipio ourensán, Fernando Fernández Yáñez, recorda que, na actualidade, “a conexión entre a as estradas OU-804 e a OU-533 no alto de Covelo está nunhas condicións impropias dun acceso decente e de calidade á capitalidade dun concello, sendo ademais unha conexión perigosa tanto para entrar como para saír”. “As capitalidades dos concellos deberían ter todas un acceso en óptimas condicións a través da rede autonómica e coas prestacións de confortabilidade e seguridade que corresponden á devandita rede”, salienta antes de recordar que “a partir de agora ambas estradas van ser do mesmo titular” polo que “xa non hai escusas para poder actuar nese punto tan conflitivo e por iso o Grupo Socialista presenta esta iniciativa”. O área de infraestruturas da Deputación Provincial de Ourense, está a tramitar o expediente (2019/5025J) de cambio de titularidade de estradas, tendo como interesado á Conselleria de Infraestruturas e Mobilidade e que na actualidade está a ultimar o goberno galego. www.psdegpsoeourense.es Tel. 988370386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense @PSdeGdeOurense Os socialistas conclúen destacando que a situación de abandono deste tipo de infraestruturas “afecta gravemente á seguridade e á confortabilidade dos viaxeiros” e “afonda nos problemas do rural como o despoboamento”, polo que agardan un “trato xusto” e “non discriminatorio” por parte da Xunta, posto que os veciños e veciñas da Veiga merecen “uns servizos públicos, incluíndo as vías de comunicación, coa mesma calidade que o resto”.

AVANTAR ACTIVIDADES