O BNG censura a apertura dun expediente de cese ao Interventor municipal e atribúeo á “incapacidade manifesta de Jácome

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O BNG censura a apertura dun expediente de cese ao Interventor municipal e atribúeo á “incapacidade manifesta de Jácome, quen busca, permanentemente, culpables ante a insostible situación económica na que ten sumido ao Concello”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para o Grupo municipal do BNG a “caza de bruxas” iniciada hai tempo polo Goberno local contra “todos aqueles funcionarios que non fan seguidismo” é gravísima e revela a incapacidade do Alcalde para xestionar correctamente un Concello ao “borde da quebra económica”

O BNG destaca que “todos os expedientes abertos están relacionados con altos funcionarios encargados da xestión e ficalización económica do Concello e todos por realizar o seu traballo con obxectividade e rigor”

Ourense, 12 de decembro de 2023. Logo de coñecerse que o actual Goberno local ven de abrir un expediente ao Interventor municipal para o cese nas súas funcións, o Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense amosa a súa preocupación diante dunha “persecución e caza de bruxas iniciada polo Goberno Local contra todos aqueles funcionarios que non son dóciles aos seus intereses e que simplemente fan o seu traballo con obxectividade e rigor”.

Para o Portavoz nacionalista Luís Seara, o anuncio deste mediodía revela a “incapacidade manifesta de Jácome, quen busca, permanentemente, culpables ante a insostible situación económica na que ten sumido ao Concello”, e engade, “resulta curioso que todos os expediente abertos até o de agora vaian dirixidos a funcionarios encargados da xestión económica do Concello, primeiro foi a Tesoureira e agora o Interventor”.

Segundo Seara, “Jácome non entende que o Concello non é Jolper e que polo tanto é necesario cumprir cos procedementos legalmente establecidos polo que non soporta a aqueles funcionarios que, exercendo o seu traballo, algo que por outra banda fixeron sempre, cuestionen e contradigan o que el di”.

Para o Grupo municipal do BNG, “o anuncio de hoxe é gravísimo pois o que revela é que o Goberno Local quere cesar á persoa encargada de fiscalizar a acción económica do Concello, un Concello sumido nunha situación económica gravísima e que veremos agravada nos vindeiros meses”.

Luís Seara ten claro que “o que busca o Alcalde é amedrentar ás e aos traballadores municipais para que non o cuestionen en ningún momento baixo a ameaza de, ou facedes o que eu digo ou vos expediento”.