O Carballiño, marzo de 2024. Co motivo da celebración do Día do Pai, o Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño pon en marcha a campaña “O agasallo de papá fáino Carballiño CCA”. O obxectivo desta iniciativa é incentivar as compras de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes, ofrecendo a oportunidade de que a súa compra saia completamente gratis.
A campaña estará activa do 13 ao 20 de marzo. Durante estes días, todos aqueles que realicen as súas compras nos establecementos asociados poderán participar no sorteo dun reintegro. Para iso, só é necesario rexistrar o ticket de compra na páxina web oficial da campaña: https://comerciocarballino.com/o-agasallo-de-papa/ (tamén accesible a través da ligazón na biografía das redes sociais do CCA).
Bases da participación
A dinámica é moi sinxela: 1 ticket equivale a 1 participación. Os usuarios poden rexistrar todos os tickets que desexen para probar sorte. O sorteo celebrarase o próximo 20 de marzo a través das redes sociais de Carballiño CCA, onde se anunciará a persoa gañadora. O premio consistirá no reintegro do importe da compra premiada, sempre segundo as condicións establecidas na propia campaña.
Desde o Carballiño CCA fan un chamamento á veciñanza para “celebrar o Día do Pai apoiando o comercio local”, destacando a calidade e a cercanía dos establecementos da vila.
Cómpre sinalar que esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.
Para máis información, pódense consultar as bases legais e os comercios adheridos na web oficial do Centro Comercial Aberto.
















