O BNG preguntaralle á Xunta sobre a existencia dun novo gromo na Residencia Nosa Señora dos Miragres en Barbadás

Para os nacionalistas, as informacións xurdidas en diferentes medios de comunicación no día de hoxe sobre a existencia de numerosas persoas contaxiadas por covid-19 na residencia Nosa Señora dos Miragres, na localidade de Cabeza de Vaca, no Concello de Barbadás en Ourense, precisan aclaracións urxentes.

 O Grupo Parlamentar do BNG no Parlamento Galego preguntará á Xunta de Galiza pola información difundida e referida ao gromo da residencia Nosa Señora dos Miragres, e a cal, atinxiría a 57 residentes e 4 traballadoras, que se unirían ás 6 positivos detectados hai unhas semanas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Situación por desgraza, moi similar ao que xa acontecera coa Residencia Nosa Señora de O Viso, ou de “Os Gozos” en Pereiro de Aguiar, onde a presenza do virus non foi detectada até que afectaba a maior parte das residentes e traballadoras.

Para o BNG, o caso da residencia Nosa Señora dos Miragres resulta especialmente elocuente do neglixente proceder da administración autonómica, pois trátase dun centro de titularidade e xestión da Xunta de Galiza e que se ubica nun concello que, desde hai máis dunha semana, estaba suxeito a medidas de restrición da liberdade ambulatoria, de circulación e de reunión.

Desde hai tempo, existían datos que advertían da existencia dun perigo certo de contaxio no Concello de Barbadás, polo que era imperativo extremar ao máximo ás medidas de prevención e coidado nos centros situados nese concello, e dentro destes, pola especial vulnerabilidade dos residentes no centro de maiores.

Segundo os nacionalistas, o elevado número de persoas contaxiadas por Covid-19 no Concello de Barbadás e no limítrofe de Ourense, sendo os primeiros de todo o estado no que se acordou o seu peche perimetral e as consecuencias letais que o virus esta a producir nas residencias de maiores da providencia de Ourense, xeran unha evidente alarma social na poboación galega.

Por todo elo, desde o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego formúlanse varias preguntas que trasladarán á Xunta de Galiza.

É preciso coñecer que medidas de prevención e protección fronte ao risco de contaxio por coronavirus implantou a Xunta de Galiza na residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás.

 Que medidas de prevención adicionais implantou a Xunta no referido centro tras revelarse a singularmente afectación do virus no Concello de Barbadás, declarado de nivel 3 acordándose o peche perimetral do mesmo.

Que modificacións se introduciron no plan de prevención de riscos laborais para reducir o perigo de contaxio das traballadores ou mesmo que incrementos ou variacións experimentou o cadro de persoal da residencia Nosa Señora dos Miragres entre os meses de xaneiro, marzo, setembro e outubro de 2020.

Por último, para o Grupo Parlamentar do BNG no Pazo do Hórreo, é preciso saber en que datas e con que resultados se fixeron tests PCR ás residentes e traballadoras da residencia.