A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Vivimos dende hai moitos anos en  democracia e aínda que esta nunca esta é perfecta, pois sempre hai chatas e xentes que din  que isto é unha ditadura, o certo é que podemos estar orgullosos de  desfrutar de moitas liberdades das que, os máis maiores,  non gozamos antes  da transición de 1976. Máis pensando ben, o réxime democrático ten moitas debilidades, pois permítelles ós que loitan contra a democracia  ter unha serie de vantaxes  que nas ditaduras eles lles prohiben ó conxunto dos  cidadáns.

Nestes últimos tempos están a chegar  ó poder persoas que por teren moita labia dinlle ós cidadáns o que eles queren ouvir; prometen o imposibel, aínda que  despois  todo o que fan deixa ás claras que o que comprometeron  foi  unha gran mentira. Todo  unha farsa. Exemplos hai moitos pois deixaron escola do que son as grandes manipulacións. Mais a día de hoxe hai dous persoeiros  que me chaman moito a atención. Un foi o caso do finado Fidel Castro que chegou ó poder pra derrubar a un ditador e instaurar unha democracia,  logo fixo todo o contrario, pois impuxo unha ditadura comunista sen preguntarlle ós cidadáns  si eso era que querían. 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Hai uns días o goberno cubano anunciou que liberará a 2000 presos, a maioría comúns,  das cadeas da illa, deixando dentro ós que eles chaman disidentes ou políticos.  Este anuncio pon en evidencia ós sectores que se sitúan á esquerda do PSOE, pois  sempre defenderon ó réxime dos Castro e negaron que fora unha ditadura.

Outro exemplo é o do ególatra e narcisista Donald Trump que, con moita labia, hoxe trae ó mundo de cabeza. Este supremacista  e aspirante a ditador, está a facer todo o contrario do que prometeu. Dixo que non metería os EE.UU. en novas guerras, e xa vemos nas leas que anda. Polo que pretende ser un rei do mundo sen coroa. Ben sei que hai máis deste tipo de persoeiros ciscados polo mundo facendo das súas. Xente con moi poucos escrúpulos que aspiran a controlar  o planeta e as persoas  que nel vivimos.

Dixen ó comenzo que a democracia é un réxime moi débil, que ten moitas fisuras pra ser atacada dende dentro polos que queren desfacela. Que hai xente con moita labia que engana ás masas dicíndolle o que lles gusta escoitar, e que logo, subidos ó poder, fan todo o contrario do que prometeron. As xentes que vivimos en democracia, moitas veces entramos na dinámica destes charlatáns que sempre falan de baixar impostos, cando sabemos que o estado de benestar ten que nutrirse dalgunha maneira si é que queremos ter bos servizos públicos.

Os dous exemplos que sinalei poden valernos pra reflexionar e non crerlle a estes  apóstolos que ofertan o ouro e o mouro. Pois son a representación do esperpento máis sonoro  que podíamos maxinar. Si, un esperpento  onde a realidade supera á ficción. Ver o presidente dos Estados Unidos rodeado de predicadores que lle piden a Deus que lle de forza pra saír vitorioso dunha guerra que el provocou,  lévame a lembrar os tempos das cruzadas nas que a relixión era o estandarte e a xustificación da confrontación.

Ver como o israelí  desfai casas e mata a xente ou promulgan leis  de axustizamento  para os palestinos, mentres para os israelís son moito mais suaves, mete medo e sinala a catadura moral desta xente.  Vivimos tempos nos que debido á tecnoloxía,  a  manipulación das masas mediante a palabra e a adulteración de imaxes, ditos e noticias  falsas lévanos  a un mundo programado e gobernado polos donos desas grandes plataformas que o emporcan todo co único obxectivo de facerse moito máis ricos.

En fin, a democracia é un réxime que ten moitas virtudes, e que soamente cando se perde e chega a ditadura, decatámonos do bo que é vivir nel. Así que ollo con toda esta xentiña  que prometen o que logo non farán. Mellor, que prometen unha cousa e logo fan a contraria.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------