Os Bacelos de Prata 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado pasado en Esposende, Concello de Ribadavia,  fíxose  a entrega dos Bacelos de Prata de 2024. Como xa é de costume   o acto estivo cheo de sobriedade e certo sabor rural. Nel, nun ton moi amabel pero  reivindicativo,   premiouse a  dúas empresas vinculadas ó mundo do sector primario que foron: A adega Pazo Lalón  e  Kalekói.  Esta dúas marcas  foron galardoadas polo seu dobre compromiso: a calidade dos seus produtos e a promoción e o etiquetado na lingua de Rosalía.  A primeira, polos seus viños de gran calidade e, a segunda  polo seu leite e derivados que comercializa con grande éxito. Foi un acto moi sinxelo, mais cheo de  calidade onde a música, moi escollida, da man de María do Ceo e os seus  acompañantes, intercalada coas diversas intervencións  deulle a esta entrega  un calor poético e fermoso.  As diversas intervencións  dos distintos oradores  amosaron   unha boa mostra  do nivel e dos obxectivos que se perseguen  nestes premios.

Polo que os Bacelos de Prata son xa unha cita que anos tras ano consolídase e abre portas  dunha maneira moi amabel para a difusión e o sentir do que se produce nesta terra e vende incluso  alén das nosas fronteiras. A asociación organizadora con moito acerto, vai abrindo camiño e ampliando espazos para a cultura en xeral e, en particular, para  idioma. E faino dunha maneira que crea empatía e fuxe das imposición e da obriga.  Polo que  vincula o traballo e o esforzo da xente  do rural que fala o noso idioma coa súa maneira de ver  e entender ó medio no que habita; que anima o  orgullo de ser e de lanzar ó mundo os seus produtos  con unha marca de  unión coa terra e a identidade dos que  habitan nela. 

Nesta acto subliñarei o discurso de Avelino Muleiro, e o director xeral de cultura da Xunta. O primeiro coa  súa fala pausada e tranquila expuxo un tratado  como se fose unha retrato do que hoxe é Galicia  actual. E nel amosou  como  está hoxe a vida  no sector primario e por extensión en todo o mundo rural galego. Un mundo onde desaparecen pobos, e onde hai  milleiros de aldeas baleiras ou con moi poucos habitantes que corren o perigo de esmorecer nun futuro inmediato.  Un espazo xeográfico onde, en boa parte,  campan os eucaliptos e as acacias. Especies invasoras que no caso das acacias nada  aportan á economía.  E por elo, o grande reto  da actualidade implica poñer a producir milleiros de hectáreas para mellorar o desenvolvemento desta terra que sí ten futuro. Muleiro,  dunha maneira moi sinxela e distendida, deixou no aire un tema pra  reflexionar e buscalle unha solución. E lanzoulle ós presentes, entre os que estaban moitos políticos, unha mensaxe: Se perdemos o idioma  e con el o mundo rural perderemos a identidade e a marca de sermos nós. A sinal de ser algo neste mundo que camiña cara a uniformidade que nos converte en masa sen criterio propio. Que nos encamiña cara a ser xente sen personalidade que  traballa esta terra sin criterios de futuro. No tocante á intervención do director xeral  de Política Lingüística cabe subliñar o reto que lanzou sobor do  idioma. Pois segundo dixo son milleiros de emigrantes   os que  chegan á nosa terra é con eles hai que practicar unha política de amabilidade para que sexan receptivos o uso do noso idioma e a nosa forma de vida.

En fin, neste sábado chuvioso ó carón da Lareira do  casal dos Ulloa  sonou a voz dos que, sen barullo pero con man firme, cren que o futuro de Galícia dependerá moito do vieiro que tome o sector primario. Un sector hoxe con milleiros de hectáreas cheas de mato e silvas: con un monte sen planificar que soporta a praga dos lumes e con moitas aldeas cun só habitante ás que van  algúns visitantes de fin de semana.

Foi esta unha xornada onde a cordialidade estivo moi presente e que rematou coa degustación dos produtos das marcas premiadas. Noraboa para as empresas galardoadas  e para a  Asociación Alvaro das Casas por seguir a facer país; por seguir   valorando todo o que se deriva do sector primario e, sobor de todo,  polo traballo  de difusión da cultura e idioma desta terra milenaria.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas