Algo cheira a podre

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

“Algo cheira a podre o noso arredor cando lle cortan as alas ó páxaro pra non voar. Cando nin se pode loitar polos demais…”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O título dunha cantiga do grupo ourensán dos anos 60 “Folk Cantigas” denunciaba a situación do que acontecía  na ditadura, e ise título  lémbrame o que  hoxe pasa no  pais Venezolano onde o réxime de Maduro no saca as actas electorais á luz o que ratifica que algo  cheira a podre nese proceso electoral.

Segundo  Maduro, en Venezuela todos os milleiros de cidadáns  que protestan na rúa polo resultado electoral  son terroristas  e fascistas. E diante esa afirmación di que  hai que encadealos a todos e tratalos como delincuentes que son. Esa parece que é a reacción oficial dun presidente  que fala de revolución e de inxerencia doutros países na vida interna de Venezuela.  Mais esa  incapacidade  de demostrar que os resultados electorais son os que el di amosan debilidade e xa veremos como remata o asunto. Despois do visto e estamos diante o caso dun  presidente que se proclama gañador dunhas eleccións nas que  case ninguén  cree  que foron limpas,  e que pechou as fronteiras pra que non votaran os millóns de cidadáns que fuxiron ós países lindeiros. Ou que puxo miles de trabas pra que non  votasen os millóns de venezolanos que viven no estranxeiro. O discurso non é novo. Na Cuba  dos Castro e agora  gobernada por  outro  semellante, anos atrás,    tamén se dicía que os que fuxían do pais eran mala xente, ou sexa: delincuentes.  

Moi mal pintan as cousas en Venezuela. Moi mal o están a pasar milleiros de persoas que escapan  co posto ós países veciños ou  cara a nosa  península. Entón que é o que acontece nesa terra  pra que a xente fuxa? A resposta é clara: ademais dunha ditadura, pasa  que  todo funciona moi mal.  Ben sei que hai xente cega e chosca  que non quere ver esa realidade e que xustifica esa ditadura que dura demasiado tempo.

O chavismo, e a súa revolución que mira para o pais cubano, esta a sumir  o estado  caribeño nun espazo sen lei nin servizos que esquilma e escaralla todo o que toca.  Hai uns anos unha persoa de ascendencia galega que vive entre Madrid e a Republica Dominicana díxome o seguinte: O primeiro pais do Caribe que acadou a independencia dos europeos foi Haití. Mais despois de varias revoltas tomaron o poder a xente máis humilde e sen preparación alfunha. Xente que soamente vía e respiraba odio contra os que tiñan plantacións e empresas. E posiblemente tiña parte de razón polos excesos cometidos. Diante ise  panorama de inseguridade  a  clase media fuxiu. E os que tomaron o poder  levaron o pais a ruína total. Hoxe Haití é o pais  máis pobre do mundo onde non hai nin lei nin maneira de vivir. A mensaxe do meu interlocutor, despois de recomendarme un libro pra ampliar os coñecementos sobre esa terra,  viña a dicir que sin unha xente minimamente preparada  e unha clase media que crea empresas o pais non pode progresar. Pois ben, no pais onde as supostas revolucións  se fundamentan  no odio  e en ir contra o  que crea empresas  e traballa,  estas revoltas  soamente serven pra acadar o poder e despois arruinar ó estado.  As sociedades prosperan cando non existe unha ruptura social e todo o mundo pode vivir. Pero tamén cando  hai emprendedores que son capaces de arriscar e  crear riqueza, e pra eso necesitase fuxir das ideoloxías que soamente sementan odio entre a xente. Non sei o acontecerá en Venezuela pero pinta todo moi mal; pois cando non  existe   o respecto á vontade popular emitida en votos, todo camiña á contra. E cando eso acontece é que algo cheira a podre no réxime de Maduro. Por iso  vexo  con tristura como forzas políticas democráticas desta terra, forzas que  teñen un atavismo ideolóxico a modelos revolucionarios fracasados,  saen  á palestra pedindo que se recoñeza ó réxime de Maduro.  A verdade é que non o entendo.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas