Galicia prosegue no descenso de contaxios, con menos de dous milleiros de casos activos

A comunidade galega rexistra hoxe 48 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.926, preto de 100 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 24 (-1)  están en UCI e 63 (-5) en unidades de hospitalización.

Publicidade

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 6 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 223 (-23) casos activos. Os hospitais hoxe presentan 8 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (=) na UCI.