A Mostra Internacional de Ribadavia promove un concurso de relatos para o público adolescente

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concurso “A miña primeira MIT” é unha aposta clara por ampliar e contar co público novo como protagonista, especialmente coa creatividade e a participación dos de idade adolescente. Incluese dentro das Actividades paralelas da MIT, sempre en renovación e conexión coa xente, coma as sesións vermú os domingos e o sábado 25.

O proxecto nace coa intención de fomentar a participación da xuventude e dos valores culturais, do uso da lingua galega e do patrimonio. Poderán participar todas as persoas que o desexen e acudan á MIT 2020 e teñan entre 15 e 18 anos, cun texto escrito en lingua galega non superior a 3.000 caracteres no que se relate a experiencia dun espectáculo ou actividade na MIT e acompañado dunha fotografía orixinal da MIT 2020. As bases completas do concurso poden consultarse na páxina oficial da MIT.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO