Bernardo Varela fixo espcial fincapé no reforzo do carácter xermánico do monte veciñal ante a ameza de privatización destes montes por intereses enerxéticos.
O BNG considera que hai que aumentar as prazas MIR e cambiar a práctica de contratación da Xunta para solventar a falta de doutoras e doutores.
O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, trasladou ao pleno do ente provincial a moción proposta pola Organización Galega de Comunidade de Montes en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que promove ante a Xunta de Galiza.
O voceiro nacionalista fixo referencia a necesidade de priorizar esta iniciativa lexislaiva popular ante a posibilidade da modificación do marco lexislativo que prevé levar a Xunta de Galiza. A normativa que prevé a Xunta deixaría aberta a porta á expropiación do monte comunal por intereses enerxéticos.
“Os dereitos veciñais teñen que ser priorizados” indicou o voceiro do BNG e continuou engadindo, ” que non se pode permitir a expropiación do monte comunal para outorgarllo a terceiros”
A demanda popular de reforzar o carácter xermánico do monte comunal, a mellora do funcionamento asembleario das comunidades de montes; acadar un monte veciñal multinacional e sustentábel ao servizo da veciñanza comuneira e a sociedade no seu conxunto; articular unha fiscalidade axeitada e en definitiva amosar o respaldo institucional da Deputación ante a Xunta, resultou finalmente aprobada por todas as forzas políticas.
Sendo este un feito de especial relevancia para Galiza en xeral, na que os montes veciñais e en man común ocupan unha cuarta parte do territorio galego, o equivalente a o territorio de toda unha provincia. E en especial para a provincia de Ourense, que conta coa metade dos montes veciñais de toda Galiza; e das 512.000 hectáreas de superficie forestal coas que conta Ourense 370.000 hectáreas son de carácter veciñal.
Peche da oficina de recadación de Viana do Bolo
Varela tamén trasladou a preocupación da Fronte Nacionalista pola desaparición da atención presencial na oficina de recadación municipal que actualmente ten as súas competencias delegadas na Deputación de Ourense.
Tal como indicaba Varela, a oficina de Viana do Bolo prestaba atención presencial sendo esta atención presencial e personalizada para resolver os diferentes trámites relacionados con impostos e o catastro un dos elementos máis valorados pola Veciñanza.
Porén esta oficina apareceu sorpresivamente pechada e xa non se atende de forma presencial á veciñanza de Viana. Sendo para o BNG moi grave o peche desta oficina pois deixase a poboación de Viana sen este servizo, sobre todo cando conta cunha porcentaxe moi importante de xente maior que se afai mellor ao trato presencial e descoñece en gran medida a forma de tramitar telemáticamente as súas xestión.
Iniciativas do PSOE
Desde o BNG respaldouse a iniciativa do PSOE da necesidade da creación dunha unidade de Ictus en Ourense. Porén a organización nacionalista víuse na obriga de absterse ante a iniciativa de crear unha faculdade de medicina no campus de Ourense, que nin a propia universidade respalda e non solventa a falta de facultativos.
Desde a organización nacionalista valorase como un erro de formulación a iniciativa do PSOE. A iniciativa do psoe baseábase na teórica necesidade de xerar máis licenciados en medicina para solucionar o problema da falta de facultativos que cubran as prazas.
A realidade é que o problema da falta de facultativos ven da ausencia de suficientes prazas MIR para licenciados en medicina, para a formación de novos doutores e doutoras, e sobre todo pola mala práctica da Xunta de Galiza nas contratacións de doutores e doutoras como de enfermieros e enfermeiras.
Esta mala práctica terá que ser reformulada pola Xunta de Galiza, do contrario o persoal unha vez formado emigra do País, perdendose así unha gran oportunidade