Cine Clube proxecta mañá a película “Green border”, premiada no Festival de Venecia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Cine Club Carballiño proxecta, mañá, venres día 15,no Auditorio Manuel María, a última película da veterana directora polaca Agnieska Holland, “Green border”, Premio especial do Xurado no Festival de Venecia. Nos traizoeiros e pantanosos bosques que conforman a chamada “fronteira verde” entre Bielorrusia e Polonia, os refuxiados de Oriente Medio e África que intentan chegar á Unión Europea vense atrapados nunha crise xeopolítica deseñada cinicamente polo ditador bielorruso Alexander Lukashenko. Nun intento de provocar a Europa, atrae aos refuxiados á fronteira coa propaganda que promete un paso doado á UE. Nesta guerra oculta entrecrúzanse as vidas de Julia, una moza activista que renunciou á súa cómoda vida; Jan, un mozo garda de fronteira, e unha familia siria. Unha película necesaria e oportuna, que pon fronte aos nosos ollos aquelo que moitas veces non queremos ver. Os pases serán ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas na versión orixinal con subtítulos. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO