Confirmado un positivo de Covid-19 de 16 anos no Carballiño

Trátase dunha persoa de 16 anos de idade, foi confirmado na tarde de onte despois de facerlle a PCR e está en seguimento domiciliario. Estase a realizar o rastreo de todos os seus contactos.

En Ourense, hoxe hai un total de 73 casos activos, DOCE máis ca na xornada de onte. Do total de pacientes positivos, 2 están ingresados e 71 en seguimento domiciliario.

AVANTAR ACTIVIDADES

O brote de Beariz, orixinado o 9 de xullo dun familiar procedente de México dáse por pechado. Os resultados das probas PCRs realizadas no seu momento aos catro pacientes que estiveron en illamento domiciliario deron resultado negativo polo que se da por superado o brote.

Na nosa contorna lembramos que en Avión segue activo o brote detectado tras dar positivo unha muller e confirmarse que tiñan coronavirus dous dos seus contactos. No Carballiño foi un turista procedente da República Dominicana, que deu positivo tras facerse a proba PCR preventiva. Ó día seguinte confirmouse o contaxio de dúas mulleres que compartían vivenda con el. 

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.053, deles 618 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 73 da de Ourense, 52 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 42 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 42 en unidades de hospitalización e 1.011 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.527 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.