O Grupo Provincial do Partido Popular propón dúas mocións para instar ao Goberno de España a mellorar as comunicacións entre Ourense e Lugo, así como para a actualizar o catastro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • A voceira do GPP, Patricia Torres, presentou hoxe xunto aos deputados provinciais Manuel Seoane, Jorge Pumar e José María Lago, ambas propostas que serán debatidas pola corporación provincial o vindeiro 25 de outubro
  • Nunha das mocións, o Grupo Popular insta ao Goberno de España a facer unha profunda reforma e actualización do catastro co fin de axilizar e simplificar os trámites á veciñanza ourensá, xa que “unha de cada tres parcelas na nosa provincia non ten un propietario coñecido”, reivindicou Patricia Torres
  • Por outra banda, propoñen instar ao Goberno de España a “acabar coa discriminación que sufrimos os das provincias de Ourense e Lugo” en canto ás vías de comunicación entre ambas, xa sexa por estrada ou ferrocarril, dixo Manuel Seoane

14, outubro, 2024. A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Patricia Torres, presentou hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, xunto aos deputados provinciais Manuel Seoane, Jorge Pumar e José María Lago, as dúas mocións que levarán ao vindeiro Pleno do mes de outubro, para instar ao Goberno de España a mellorar as comunicacións entre Ourense e Lugo por estrada ou ferrocarril, e para actualizar o catastro co fin de axilizar e simplificar os trámites á veciñanza ourensá.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Con respecto a esta última, o Grupo Popular denuncia a situación actual que sofre o catastro provincial onde un dos principais obstáculos é a falta de información sobre a titularidade de leiras, especialmente rústicas, xa que “unha de cada tres parcelas na nosa provincia non ten un propietario coñecido”, dixo Patricia Torres, unha problemática que se ve agravada pola lentitude nos trámites administrativos do catastro.

Esta falta de actualizacións está a lastrar, explicou a voceira popular, as notificacións de limpeza de fincas e, por tanto, o cumprimento da Lei de incendios que obriga aos concellos a que se notifica a limpeza desas fincas e dado que, na maioría dos casos non é posible, ten que ser o propio concello quen se faga cargo desa limpeza cos seus propios fondos, “asumindo competencias que nos corresponde por lei pero que non está dotado dun financiamento correcto para levalo a cabo da mellor maneira”, reivindicou Patricia Torres.

Esta situación tamén está a afectar ao  proceso para cambiar a titularidade ou realizar un expediente de corrección de discrepancias, necesarios para corrixir a superficie dunha parcela, xa que na provincia de Ourense pode chegar a demorarse máis de seis meses de media. Este atraso afecta a operacións como compravendas, permutas, agrupacións, segregacións e inscricións no Rexistro da Propiedade, é última depende directamente dos datos do Catastro.

Por todo elo, desde o Grupo Popular propoñen que se poña en marcha unha liña de axudas para os concellos para a contratación de empresas topográficas para axudar á veciñanza a facer os trámites de titularidade das parcelas, así como implantar un sistema de rexistro unificado entre o Catastro e o Rexistro da Propiedade para reducir a duplicación de trámites e mellorar a súa xestión.

Así mesmo, propoñen que se leva a cabo xunto cos concellos e o Instituto Nacional de Estatística unha revisión para actualizar os números dos documentos de identidade, direccións fiscais e numeracións das parcelas para solucionar erros e poder notificar aos propietarios.

MELLORA DAS COMUNICACIÓN ENTRE OURENSE E LUGO

Por outra banda, propoñen instar ao Goberno de España a “acabar coa discriminación que sufrimos os das provincias de Ourense e Lugo” en canto ás vías de comunicación entre ambas, xa sexa por estrada ou ferrocarril, dixo Manuel Seoane.

Para elo, propoñen que se acelere e se remate á maior brevidade posible as obras do corredor ferroviario Lugo-Ourense e así evitar o trastorno que lle supón aos usuarios facer parte do traxecto en autobús, coas limitacións que isto implica.

Manuel Seoane lembrou que ADIF previra a reapertura da circulación entre Ourense e Monforte de Lemos para o 1 de outubro e que volve a ter retrasos. Neste sentido, o deputado provincial dixo que son conscientes das “dificultades” de traballar neste complexo tramo ferroviario entre Ourense-Os Peares-Monforte, que poden provocar desviacións nos prazos comprometidos, pero non tantos incumprimentos repetitivos, máxime cando a circulación ferroviaria está suspendida.

Por outra banda, esta moción tamén insta ao Goberno de España a mellorar as comunicacións entre ambas provincias por estrada, polo que solicitan que se acelere a execución das obras na N-540 e que sexan declaradas de urxencia para acurtar os prazos de execución, dado o lamentable estado no que se encontra.