A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Manuel Herminio Iglesias


Nas campañas electorais sempre hai frases que teñen un trasfondo que, si se toman ó pe da letra, sinalan certa prepotencia por parte da formación que as emprega.  O  obxectivo que tentan é amosar superioridade fronte ós competidores políticos.  Houbo un tempo no que nesta cidade, Trobón en ristre,  acompañado dunha charanga, escoitábase  aquelo de: “Si no eres del PP jódete jódete…”. A cousa é que aquel dito, na apertura da campaña electoral tiña o seu aquel e a súa lectura. Pois aínda que era de coña a  con moita retranca  a frase mandaba unha mensaxe que  amosaba o poderío neste noroeste peninsular dos conservadores fronte ós demais partidos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os tempos foron pasado, e despois de todo o que choveu e tamén  das corruptelas e sentenzas  habídas contra os Populares, o retrouso “ Si non eres do PP…” xa non se escoita. Máis, hai uns días o sr. Rueda, presidente en funcións da Xunta, lanzou ó vento unha mensaxe que, despois de escoitala, sigue a ter un transfondo semellante ó de anos atrás.  Nós somos a Galicia riquiña  fronte os que son  a Galicia enfurruñada. Ou sexa: nós somos a Galicia amabel, a acolledora, a que non berra, a que traballa, a que arranxa os problemas,  vamos: a mellor. E a outra,  é a Galicia que berra e que está sempre enfurruñada, a que esta sempre cabreada, a que  crea problemas, o  que ven a ser o contrario do que os galegos precisamos.

A verdade é que o dito ten o seu aquel. Pois entendo  que,  por protestar e reivindicar  que os servizos públicos sexan públicos e funcionen mellor,  ou por reclamar certas competencias pra que sexan xestionalas desde esta terra, así  como  facer fincapé  no trato desigual entre provincias e comunidades, ou  defender a nosa identidade idiomática e  cultural, un presidente critique  ise posicionamente político  semella un  certo desprezo cara os  que pensán desa maneira.

Algún día farase un balance do que o nacionalismo galego lle aportou a este país  dende os  anos da súa existencia.  Ben sei que pode que haxa  cuestións que  revisar,  pois as sociedades evolucionan  e as formas de ver a vida tamén.  Mais tamén sei que o primeiro que lle aportou á sociedade  galega en xeral foi o de devolvernos o orgullo de sermos nós  coas nosas virtudes e defectos. Tamén  o de fortalecer a nosa personalidade e identidade como nacionalidade histórica que somos e que está recollida no texto constitucional. Como  o de  reivindicar unha serie de competencias que de seguro mellorarían a vida dos galegos. Mais esta xente  á que o candidato Rueda califica como “enfurruñada” aportou e aporta moitas cousas positivas. Polo que reivindicar melloras  sociais e políticas pra dentro do Estado ter máis influencia nas decisións que nos afectan sempre será moi positivo.

Galicia sempre foi terra de acollida. Máis o calificativo de riquiños sona un chisco a rancio e, sobor de todo, a mensaxe  moi paternalista. E o de enfurruñados leva tras de si unha carga de mala uva; de xente conflictiva e problemática  e incluso frustrada. De persoas que somente buscan e crean conflictos, cando non é así. Clasificar así ós galegos como se uns fosen os bos e os outros  os enfurruñados e pouco menos que malos é un erro moi grave.

A xente que apoia opcións políticas nacionalistas son persoas que aman a esta terra e que non a ven como un lugar sumiso que traga con todo o que lle poñen riba das costas dende poderes alleos. Polo  que na política tes que facer valer os teus dereitos si queres acadar obxectivos e melloras sociais. Do contrario outros gobernarán por ti e defenderán soamente os seus intereses.  En fín, triste e errado calificativo o de enfurruñados. O mellor quen iso di: non é máis ca un mandado que fuxe de amosar o que fixo na Xunta no último mandato  e soamente ofrece  un futuro gris escuro para esta terra. Por tal motivo precisamos aire novo e un cambio nas institucións, pois os que levan moitos anos gobernando chegan a pensar que poder lles pertence dende sempre.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas