O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
A triste nova da morte dun neno esquecido polo seu pai dentro dun coche fíxome matinar sobre o ritmo de vida que levamos, pois segundo din os medios informativos o pai recibiu unha chamada da empresa onde traballaba e iso fixo que fora axiña ó seu traballo, esquecéndose de levar á gardería ó menor que estaba dentro do coche. Esta desgraciada axudoume a pensar que, nos tempos que vivimos, estamos cada vez máis presos do reloxo e da velocidade, o que lévanos a cometer erros fatais como o relatado. Estamos atados a un ritmo de vida, a vivir nun continuo desasosego que non nos deixa reflexionar nin pensar se este forma de existir é o mellor, ou se pola contra baixando o ritmo desta carreira seríamos máis felices.
Facendo un chisco de memoria, recordo cando as campás da catedral desta Auria e a sirena da fundición do Malingre marcaban a vida horaria da cidade e dos arredores. Non direi que foron tempos mellores, pero si máis tranquilos. Aínda que en Seixalbo xa había un reloxo público dende o 2018, era moi común escoitar a xente que traballaba nos eidos comentar: xa é a unha, tocou a sirena do Malingre, hai que ir xantar. Cos anos os tempos foron mudando e xa cos reloxos no pulso afinamos máis na precisión das horas e comezamos a camiñar máis de presa. Son as e vinte pasadas… hai que apurarse que non chegamos.
A chegada da industrialización e as melloras nas comunicacións foron animando as reclamacións pra mellorar os servizos públicos, mais iso levounos a falar de minutos e segundos e de velocidade. E as esixencias na puntualidade en case todo o que facemos instalouse nas nosas vidas. Tanto é así que, a día de hoxe, axiña protestamos porque aquel servizo chega dous minutos máis tarde do estipulado. Isto que parece unha mellora que todos reclamamos, lévanos a non ter tempo para o sosego e menos para pensar se esta maneira de vivir é a máis acaida para a existencia como seres humanos.
Na actualidade nos fogares os dous membros da familia traballan, e moitas veces a conciliación resulta case imposibel. Polo que os fillos medran na gardería ou a cargo doso avós. Os pais teñen que traballar pra manter un nivel de vida acorde cós tempos e que moitas veces non chega para os gastos do fogar. E con ese ritmo frenético da sociedade actual unha serie de valores que se transmiten de pais a fillos están quedando un tanto esquecidos.
Non hai tempo pra falar cos teus. Nas casas, á hora do xantar xa non hai conversas, a tele ou a radio non o permiten. Tampouco se fala e moitas familias non xantan xuntos, o traballo dos dous non o permite. E deste xeito os valores e o saber xunto a experiencia dos máis maiores xa non é posibel prestarlle atención.
Hai uns días falábase dun tren de máis de 350 km hora, ou que axiña haberá coches que circulen á moita máis velocidade que os de hoxe. Mentres, desta maneira, seguimos un ritmo de vida baseado nun consumismo sen freo e camiñamos cada vez máis presos do reloxo e da velocidade en case todo. Polo que as preguntan asaltan a moita xente. ¿Cara onde camiña unha sociedade que non deixa espazos para a reflexión ou que nos obriga a unha vida estresante? Canto tempo aguantaremos este paso tan vivo? O mellor, esta maneira de entender a existencia está pensada pra que non pensemos ni reflexionemos, mentres tanto uns cantos pensen por nós e desa maneira pódenos manexar o seu antollo. Estas son preguntas que merecen unha resposta.
En fin, a desgracia que sinalei o comezo, pode que soamente sexa unha coincidencia, un caso illado. Con todo non estría por demais que pensemos se imos polo camiño correcto ou imos a esnafrarnos con tan de presa e tanto mirar para o reloxo.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que unha romaría”
A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación das masas”
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?

















