A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

Despois de máis de sesenta anos a chamada revolución cubana chegou ó seu fin. Capitulou. As chamadas á resistencia sucumbiron diante as estreiteces que pasan as xentes da illa. Con todo, moito terán que mudar as cousas pra que, a que foi a perla do Caribe, volva a ter o nivel de vida que tiña antes da revolución de Fidel. A realidade é que moitos cubanos descoñecen o que había neses tempos, pois pra eles a historia comezou despois da revolución comunista.

A ditadura rouboulles coñecer como era aquela Cuba e someteunos a un proceso de alienación forzosa. Polo que o que acontece hoxe tráeme á memoria conversas con compañeiros nos tempos da militancia política. Pois falar da ditadura cubana era case un sacrilexio para aqueles que berraban contra o bloqueo que soamente era un embargo polo pago das expropiacións. Tamén conversas recentes con amigos que tiñan moi claro o da ditadura.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sempre defendín que a igualdade entre os humanos ten que reflectirse no tema lexislativo. Todos por dereito somos iguais. Mais tamén penso que o estado non pode ser o acaparador de toda actividade dos cidadáns. Si, pode e debe tutelar baixo o seu mando unha serie de servizos considerados básicos como son a educación, a sanidade e algúns máis. Pero o demais debe quedar sometido á iniciativa privada que é tanto como falar da creatividade e as ansias de mellorar a vida, pois hai quen se ergue cedo pra traballar e quen se esforza e quen, pola contra, quere vivir a expensas dos demais sen dar un pau a auga.

O caso de Cuba é o caso dun país que levou ó poder a un señor con moita labia, un señor que botaba horas e horas falando e que creou unha sociedade chamada igualitaria, pero na que había dúas clases sociais: os cidadáns que eran do exercito e do partido, e pola contra os que non eran. Para os primeiros privilexios e para os segundos sacrificios. E para manterse no poder creou unha estrutura de espías cun xefe en cada cuadra (grupo de vivendas) que controlaban, reprimían ou encadeaban ós que eles lles chamaban disidentes ou contra revolucionarios.

Esa maneira de controlar ós cidadáns complementábase cun proceso electoral moi similar o que había en España durante a ditadura Franquista, pois nel calquera candidato que non fora do réxime no aparecía ou era eliminado do proceso. Xunto a ese sistema pechado e controlador estivo sempre a busca de alianzas con países que os fornecían de materias primas. Rusia ate a caída da Unión Soviética e Venezuela ate a caída de Maduro.

Todo elo mantendo diante a xente que, si a traída de auga por poñer un exemplo se rachaba, era culpa dos americanos. Si, todo era culpa dos demais. E asi un país coa iniciativa propia truncada foi entrando no declive permanente. Logo pasou a exportar médicos ós que explotaba dicindo que eran pouco menos o traballadores dun pais altruísta. Como as estreiteces veñen de lonxe, nestes últimos anos ás familias pra resistir a crise optaron polos poucos euros ou dólares que mandaban os que tiñan a sorte de poder emigrar a EE.UU, a España ou a outros lugares.

Hai un par de anos, nunha cafetería desta nosa cidade, unha cubana dicíame que emigrara porque alí pasaba fame. Esta e moitas cousas que quedan no tinteiro pasaban en seguen a pasar en Cuba, mentres aquí, algúns iluminados, defendían a ditadura dos Castro. Non hai moitos días o meu amigo Hixinio, compañeiro de militancia hai moitos anos dicíame: o réxime cubano di que hai que resistir toda a vida pra chegar o paraíso que lle oferta a revolución. Esto ten certa similitude cunha crenza relixiosa que che di sufre, sufre que logo serás recompensado na outra vida.

En fin, dóeme que sexa Trump, o ególatra e narciso presidente americano, o quen lle poña punto final a un réxime que levou a Cuba á miseria. Eu que non son defensor dese aspirante a tirano, espero que á que foi provincia española de ultramar mellore a situación dos seu8s cidadáns. Mais debe quedar claro que o réxime castrista antes de que lle pechara a billa do petróleo o ianqui, xa estaba ferido de morte e era un anacronismo na historia. Por eso que, cando escoito falar a Canel que negocian en igualdade de condicións, queda moi claro que está mentindo. Pois está a buscar unha saída pra salvar o pelexo del e dos seus acólitos e ver se aínda poden seguir pegados ó poder.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------