Tempo de Nadal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cando os alumados invaden as nosas rúas e prazas, e polas noites enchen de fantasía  todos os recunchos convidándonos  á un consumismo se control, hai que lembrar que estamos no solsticio de inverno e segundo o calendario occidental quedan poucos días pra  pechar un ano e encetar  outro máis, polo que  convén facer un balance  do ano que fenece e lanzar ó vento os desexos que pedimos para o ano novo.

O Nadal sempre foi unha data de sabor relixioso,  de ledicia para os máis novos, e de lembranzas e saudades e para os máis maiores. Si, para os que xa temos recordos e experiencias positivas e negativas na alforxa. Dito doutra maneira: cargos cunha    mochila chea de moitos cousas.

Pois ben, vivimos neste presente un tempo cheo de temores e tamén de esperanzas. Vivimos días onde, con tanta comunicación, falamos máis e dialogamos menos. Mellor falamos e non nos escoitamos. Polo que o Nadal debera ser o momento ideal para reflexionar sobor do ano que estamos a piques de pechar  e mirar o futuro corrixindo moitas cousas  e eivas  que non foron positivas. No lugar onde vivo, sinto e amo, temos o vello costume de celebralo facendo o que nós lle chamamos o Parrafeo. Nel, de xeito moi retranqueiro,  os encargados de facelo e lelo, que neste ano son dúas mulleres, unha moi nova e outra máis maior,  repasan o acontecido no ano que remata, lanzan ó vento novas metas,  e  despois das peticións dannos  as  claves  pra que o ano 25 sexamos todos mellores e mais felices.

Mais volvendo o inicio do comentario, o Nadal  de hai anos, aquel que os máis maiores lembramos,  ten moi pouco se parecido  ó actual. As comparacións de  como se celebraban estas festas hai catro décadas  sinalan polo menos dúas diferencias  moi claras. A primeira é a banalizacións das festas e a segunda o desaforada e descarada incitación ó consumo acrítico. Esa é a característica do do Nadal actual, consumir sen control. Polo que  hoxe é un bo momento pra facer unha autocrítica e despois un  balance do acontecido, pra logo  abrir unha reflexión sobor da maneira actual de vivir. Logo marcar obxectivos comúns para o novo  tempo que imos encetar.  E por que digo isto? Dígoo  porque na sociedade na que vivimos entramos nunha dinámica de ollar soamente o presente sen ter a capacidade de intuír minimamente o futuro e  marcar metas  para ise novo tempo.  E iso implica  que o ano  que ven pode traernos moitas sorpresas e novidade que non se nos pasan  polo maxín.

As sociedades mudan e ás veces o  que se chama a modernidade é un franco retroceso social que vai contra o progreso. E afirmo isto porque  canta máis comunicación temos máis manipulación hai, máis mentiras tamén,  e é moito máis difícil chegar a entendernos. Eso vémolo na política onde moitas veces os intereses partidarios ou de parte impóñense sobor dos intereses  xerais e colectivos.

 En fin, estamos a piques de pechar un ano que, mirando para o que teño máis preto que é a vida local, pois do que acontece nesta terra, no Estado e no mundo non quero  falar, pasará á historia como un ano perdido para a  cidade e o conxunto do Concello. Pois nel, nada salientabel  que non foran festas chocalleiras,  se fixo. E como iso é unha realidade, e non se abordou ningún asunto capital para  o conxunto do concello, soamente resta esperar a que algún día  muden as cousas. E  que o  ano  2025 sexa para este  Ourense, que esmorece no solpor, veña con  mellores noticias. Con todo, seguindo a tradición escoitarei o Parrafeo da miña antiga Vila e Couto de Seixalbo, cantaremos algunha cantiga  e falarei cós meus veciños  lembrando tempos e persoas que xa non están. Logo nos días seguintes adicareinos á familia, que para min é o núcleo fundamental da sociedade, e  pouco máis. Feliz Nadal para todos.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas