As recetas da motoserra

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

Alguén con un chisco de sentido común  nesta vella Europa maxina a un candidato que, na campaña electoral,  apareza cunha motoserra lanzando a súa oferta política? Penso que non. Polo que facer comparacións do que acontece nesta parte do mundo co que pasa no outro lado  do charco non parece acaído. Con todo, aínda que  sexa  chocante,  moi mal teñen que ir as cousas no pais austral pra que a desesperación leve a poñer a un ultraliberal  charlatán na presidencia do  pais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Son dos que pensa que a igualdade social total entre os humanos  nunca chegrá a  ser realidade. Pois gozando das liberdades actuais  e da protección das lei,  hai quen quere sacrificarse pra acadar unha meta, e hai que non está disposto a esforzarse pra mellorar a súa existencia e traballar para o seu sustento.  Mais, como non hai un sistema político perfecto, calquera das ofertas políticas actuais levadas a cabo na súa totalidade sempre  creará situacións  de  marxinación e desigualdade social. Polo que parece acaído que, nunha serie de custións básicas, os seres humanos  deben ter asegurados uns dereitos e uns   servizos que permitan a súa existencia con dignidade.  Por iso, a  frase que dixo o  sr. da mtoserra:  “A xustiza social é aberrante” semella un disparate e  dinos  que estamos diante un persoeiro que xustifica todas as medidas unilaterais que poidan lanzar os que ostentan o poder económico, pra deixar  ó pairo todas as doctrinas humanistas e de dereitos básicos  que din  o contrario.

O liberalismo como outras doctrinas políticas e económicas  se non ten un contrapeso e soamente acepta como válidas as súas teorías,  levaranos a unha sociedade moi semellante a estamental rexida  unicamente polos que obstentan o poder do diñeiro. E volveríamos, como xa acontece noutros paises, a que soamente quede para os máis desfavorecidos a asistencia caritativa das entidades da beneficencia. Estou seguro que se non houbera organizacións que reivindicaran melloras sociais e laborais, a día de hoxe, seguiríamos  sen a seguridade social e ourtros servizos; seguiríamos  traballando  doce ou máis  horas por xornada,  ou se o prefiren,   de sol a sol,  como aconteceu no pasado.

Conforme digo que o liberalismo económico sen reglas,  sería moi perxudicial para a convivencia social e traería esclavitude e pobreza; tamén afirmo que vivir nun réximen onde o Estado é o dono de todo, pasa algo semellante. Exemplos hai de sobra no mundo que non é preciso nomear.

O desenvolvemento de Europa, señor Milei, acadaouse coa  mestura do traballo e da protección social das persoas. Pois a ausencia de ruptura social e de convulsións políticas, permitiu moitos  anos de crecemento económico no vello continente.

Vir a España a predicar e poñer en cuestión a situación política falando de cancer social do socialismo  cando o que hai nesta península é unha incipente socialdemocaracia, semella un chiste que pode atribuírse a esaxeración da que fai gala iste estrambótico  presidente  coa súa diarrea verbal e co seu faltón e incendiario discurso. Falar de que non hai que pagar impostos é  tanto como dicir que o Estado non debe existir. E si eso fora así, volveríamos á sociedade semellante  a unha  selva,  onde o mais fortes devoran ós pequenos. Ademais, a día de hoxe, vivimos nunha sociedade que  se fundamenta no consumo. Polo que  deixo estas preguntas  no aire: As empresas poderían sobrevivir sen o traballo dos operarios? E si as persoas non consumen, por non ter  poder economico,  que farían as fábricas? A quen lle venderían os seus produtos?

Vir dar recetas económicas caducas e  xuntarse cos enemigos da Unión Europea é tanto como  confundir a situación dos paises europeos coa que sofre o seu pais. E semella, cando menos,  un desproposito deste persoeiro un tanto excéntrico que camiña polo mundo  como se fose unha estrela de cine. En fin, Todos os sistemas políticos e económicos se non teñen un contrapeso ou oposición rematan sendo tiranías que sempre machacan ós que teñen menos poder. E  as tiranías acaban traendo inestabilidade politica, conflictos sociais  e moita máis pobreza onde gobernan.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas