Nota informativa da Nova ANPA Escola Activa
Dende a nova ANPA Escola Activa convidamos a todas as familias do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo a asistir á reunión de presentación da asociación.
Datos do evento:
- Data: Xoves, 23 de abril
- Hora: 19:00 h
- Lugar: Edificio A Uceira do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño
Orde do día:
Nesta reunión presentaremos oficialmente a ANPA, explicaremos os seus obxectivos e compartiremos ideas e propostas de cara ás próximas actividades e iniciativas para mellorar a vida escolar das nosas crianzas.
Por que é importante a túa participación?
A participación das familias é fundamental para construír unha comunidade educativa activa, colaborativa e enriquecedora para todos e todas.
Agardámosvos! Contamos convosco.
ANPA Escola Activa
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















