O Festival de Títeres apura os dous últimos días con “Onde vai o vento” e “Novos Lobos”

A explanada do parque municipal de Carballiño acollerá durante toda esta semana a 13ª edición do Festival de Títeres, evento por excelencia na vila para os máis pequenos. Hoxe pola tarde será a quenda de anima T, ca obra “Onde vai o vento”. Mañá será a última actuación da man de Fantoches Baj, ca súa obra “Novos Lobos”, e tamén haberá un obradoiro de títeres. Recordamos que todas as actuacións son ás 19:00 horas.

E o concello de Maside prepara para mañá venres unha actuación para os máis pequenos. Será da man de “O show de Fifo” chamado “Soño”. A cita será o día 20, a partir das 21:30 horas, na Pista Vermella de Maside. As prazas serán limitadas pola situación sanitaria. Os que queiran asistir deberán reservar entrada no teléfono 608 24 22 10.

AVANTAR ACTIVIDADES