Cenlle inaugura un edificio Cemit e prosegue o primeiro proxecto de produción de porco celta

Así o destacou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, que -acompañada do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do alcalde, José Manuel Rodríguez- acudiu hoxe á inauguración do edificio Cemit, que recibiu unha axuda de 200.000 euros para un investimento global de 267.589 euros e ca colaboración conxunta da Deputación.

Dotadas con 15 ordenadores portátiles e un encerado dixital, estas instalacións eríxense como a referencia das novas tecnoloxías no concello de Cenlle..

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, tamén se inclúe na axuda a habilitación da adega Priorato de Razamonde para o enoturismo, cun investimento de 488.000. A achega permitiu construír unha plataforma de madeira para establecer como zona de cata, unha sala museo e un salón.

A visita a Cenlle tamén serviu para comprobar os avances na aldea modelo de Osmo, a primeira executada en Galicia, onde xa está en marcha un primeiro proxecto de produción de porco celta.