Aumentar o espazo vital

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“A memoria colectiva e moi fráxil, e como sociedade  caemos no erro de non transmitirlle ás novas xeracións a historia  e  os  erros que como sociedade cometemos  no noso pasado.”

Como se fose unha cuestión que ten que acontecer, cada certo tempo as tentativas de aumentar o espazo de influencia dos imperios repítense nesta aldea global. A democracia é un réxime que ten moitas debilidades, e os que a queren desfacer dende dentro, non deixan de aproveitar a oportunidade que lles oferta esta maneira de gobernar e de entender  a vida, e por extensión o mundo.

A mente dos humanos, pasada unha ou dúas xeracións, sempre  esquece o pasado, descoñéceo,  ou ate semella que o ignora a posta.   E, sen decatarse do perigo,   cae nas redes de predicadores que venden fumo, ou que lles contan o que eles queren escoitar, aínda que despois a verdadeira  faciana e os feitos nos leven cara   mentiras agochadas e por  descontado  ó  desastre.

Supoño que os máis novos non saberán, e  menos  lembrarán, o que significa aumentar o espazo vital. Frase que acuñou Hitler antes de conducir a Alemaña e o mundo a segunda guerra mundial.  O afán de impoñer unha raza, e de marxinar a moita xente; de limpar o mundo de persoas disminuídas, de xentes ás que chamaban desviadas e dos discrepantes levou a gobernantes  a facer  as barbaridades máis grandes nos últimos tempos. Pois ben,  soan con forza de novo  as voces  do barbarismo que, con mensaxes de orden e  lei, pretenden chegar ó poder pra aproveitalo no seu único beneficio. A chegada de Tump e os seus  amigos  anunciando unha nova era, ou un tempo no que mandará a súa América fan tremar os cementos do mundo.  Encetamos unha nova etapa onde os predicadores e amigos deste ególatra,  dende hai un tempo, din  que a xustiza social é pouco menos ca unha entelequia e un invento dos progres, polo que carece de valor. Igualmente acontece co   respecto ás leis internacionais. Vivimos un tempo no que as normas básicas que rexen a orbe son machacadas  e ignoradas polos estados poderosos que agora soñan con impoñer  orde  e influencia económica nesta  aldea global. 

Veñen malos tempo para a lírica como din os poetas e as persoas con sensibilidade social. A filosofía do presidente dos EE.UU.  que  xunto a outros  que tal bailan queren repartirse o mundo   como se fose un unha gran parcela de terra,  comenzou a camiñar. Avecíñanse tempos  no que todo  estará  baixo o control de tres potencias. De tres imperialismos que tentan marxinar ó vello continente europeo. Continente que dentro de si ten a moitos que, si puderan, farían o mimo que o  narciso Trump.

Sempre dixen que quen descoñece o pasado non pode ver os perigos de ideoloxías  que lle ofertan a lúa e o sol  no presente. E estes grandes ricos donos de medios de comunicación   pensan que o saben todo e que están chamados eles solos  a gobernar o planeta.

Hoxe, estes amantes das ideoloxías que levaron a Europa á  segunda guerra mundial, pasan por seren  demócratas, pois foron elixidos pola xente. Mais hai moitos exemplos de dirixentes saídos das furnas e do voto popular que  despois amosaron a súa verdadeira faciana. E pasaron a seren grandes ditadores que coa súa megalomanía e as súas ambicións imperialistas conduciron ó mundo a incerteza, ó desacougo e á guerra duns contra outros.

En fin, que veñen malos tempos para o vello continente, pois aínda que Trump non o di con claridade, aspira a aumentar o seu espazo xeográfico  de influencia que é algo semellante a aumentar o espazo vital. Esperemos acontecementos.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas