O CONCELLO E SERVIZOS SOCIAIS PERMANECERÁN PECHADOS AO PÚBLICO ATA O LUNS PARA PROCEDER Á DESINFECCIÓN DAS INSTALACIÓNS, DEBIDO Á APARICIÓN DUN CASO POSITIVO DE COVID-19 NUN TRABALLADOR MUNICIPAL
Un traballador do concello do Carballiño diu positivo no test por Covid-19, polo que o concello, así como Servizos Sociais, permanecerán pechados ao público ata o próximo luns, 20 de abril, co obxectivo de proceder á desinfección total das instalacións. Este labor será realizado por unha empresa especializada en desinfección.
Neste tempo, únicamente permanecerá operativa a Policía Municipal, pero só por vía telefónica.
A partir do luns, tanto o concello como Servizos Sociais voltarán a estar abertos nos horarios habituais, pero as persoas que desexen acceder a estas instalacións municipais, deberán ir provistas de mascarilla e guantes.