O alcalde de Cenlle asegura que o peche do centro de saúde de Barbantes é temporal

A oposición opinaba onte que estaba xerando malestar entre os veciños e que era un recorte máis de servizos que ven no peor momento. O alcalde asegura que este será un peche temporal, asegurando que ante o incremento de casos de Covid-19 queren centralizar o servizo polo de agora.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde asegura que o peche será temporal e que se efectuou porque no centro de Barbantes non hai un espazo de antención covid, e no centro de saúde de Cenlle sí que o hai. Consideran que deste xeito pode darse unha atención máis completa. Pide tranquilidade ós veciños, porque a atención asistencial non vai a faltar. Ademáis, recorda a través dun bando que se facilitará un teléfono para o transporte daquelas persoas que teñan que ir ó centro de saúde e recorda que será sufragado totalmente polo concello.

Asegura que non tería sentido que nos últimos meses se destinase diñeiro para arraxar ambos centros de saúde con expectativa a ter que pechar un deles.