David Martínez, presidente dos autónomos de Ourense: “Devolver as axudas da Deputación ou non cobralas sería un golpe para nós”

Baltar David Martinez
Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con David Martínez Alonso (Presidente da Asociación de Atunónomes de Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense, David Martínez, afirmou que o suposto caso da devolución das axudas da Deputación, percibidas o en curso de ser cobradas polos autónomos beneficiarios, suporía “un golpe máis para as necesidades de tesourería dos autónomos”. Na reunión que o presidente dos autónomos mantivo co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Pazo Provincial, ámbolos dous analizaron o que o presidente Baltar considera “un ataque e unha estratexia destrutiva, anti-Ourense, provocada polo representante socialista na Deputación de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, sobre a liña de axudas económicas promovida pola Deputación para cooperar con autónomos e Pemes por mor da crise do COVID-19. “Tentando que se revise o procedemento, Rodríguez Villarino pon en risco o cobro destas axudas e está a xerar unha corrente de rexeitamento social en miles de familias”, afirmou Manuel Baltar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na reunión, Baltar e Martínez avaliaron as consecuencias que para este sector fundamental da economía ourensá tería o feito de que houbese que devolver as axudas xa cobradas –ata o momento xa se tramitaron 3.463 expedientes- e as que van percibir autónomos e Pemes de aquí ata o 15 de xullo, data que estima a Deputación de Ourense que estarán xestionadas todas as axudas e xa cobradas, nesa data, por parte dos beneficiarios.

Manuel Baltar defende a posición “legal e moralmente imbatible” da Deputación de Ourense neste asunto. “Só desde a mesquindade e o odio se poden acometer actitudes tan destrutivas coo as de Rodríguez Villarino e o subdelegado do Goberno en Ourense”, comenta Baltar, quen critica ao máximo responsable do Goberno do Estado en Ourense afirmando que “antes de pór en marcha un procedemento de revisión ten que valorar os efectos económicos e sociais de dita revisión; pero facela porque alguén llo diga de palabra (o promotor da iniciativa é o responsable do seu partido en Ourense) e non atreverse a asinar un escrito é algo rexeitable; de aí a nosa indignación e preocupación porque isto é o peor exemplo para a política”, expresa Baltar, quen defende que “continuaremos ao carón dos autónomos e das Pemes de Ourense apoiando os seus dereitos”.