Felipe Senén: “Trasalba e a Casa Museo de Otero Pedrayo para enxergar Galiza”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Foto: Casa Grande de Trasalba, entrada


Por Felipe-Senén

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

(Historiador da Cultura Galega)

Semella que todos os pazos de Galiza foron trazados á mesma idea: todos miran ao solpor… Así, baixo epígrafe do capítulo “Os Pazos no serán” comeza a novela de Ramón Otero Pedrayo “Os camiños da vida”. E terémolo moi en conta no que atinxe á Casa Grande de Cimadevila en Trasalba, observatorio do devalar da vida aldeán, a que para o neno vinculeiro significaba festa, medo, enredo de enigmas. Símbolo que emproa ao serán, nimbada da soidade e maxia que envolve á Galiza Celta, a que busca paraísos perdidos e semella esperar por un novo Arturo. Parroquias onde manda o pauto, o trato, o acordo, aperto de mans co crego, co fisco, co arrieiro, coas ánimas, até co mesmo demo… Locus amoenus, aportando á acción galeguizadora de Nós, querendo pechar esa trenza dialéctica na peregrinatio vital, seguindo estrelas, ideais, cara un sartego no confín, como os Magos tamén, estes cara a un nacemento.

Biblioteca da Casa Grande de Trasalba

A parroquia de San Pedro de Trasalba queda apartada nos camiños que de Ourense van cara Compostela, tan tripados por don Ramón: de neno a cabalo dun faco, co maioral nun carromato…  de mozo no Castromil… “o gran teatro do mundo”. Dende a Ponte de Ourense, subindo as encostas do Miño cara Gustei, Cudeiro… e detrás a alborada asomando entre a serra do San Mamede e de Manzaneda. E por diante o setentrión, a Martiñá e  mais cara ao solpor a lomba de can deitado da Madanela, as do o Suído, o Faro de Avión e a zig-zagueante serra de sete cristas esgurripándose dende Lebosende para culminar na lingua pétrea da Pena Corneira… Para ir a Trasalba virarase na encrucillada de Tamallancos, a dos cipreses que vimos esplendorosos, logo murchos e hoxe outros .Bisbarra entre Miño e Arenteiro, coñecida no medievo como Castela, lindeira con Orcellón… aquela de sorprendentes castros, como o das Lás, Formigueiros con esas labras “célticas”, representando unha grea de bestas bravas.  Cerna de casta e rango que deu paso a castelos, pazos, parroquias…. Para dende Tamallancos apartar por Amoeiro cara ao ribeiriño de Punxín e novamente virar cara a Arrabaldo, nova encrucillada,  onde  na Porta do Prado o pai, o médico don Enrique, tiña adegas e traballadores. Antes facemos parada na Cimamadevila da Trasalba que hoxe nos trae aquí.

Paisaxes e paisanaxes que envolvían os cavilares de don Ramón. Con aquelas dúas solainas entre as que se traza a  sobria arquitectura da súa casa: a de madeira, a de entrada, orientada cara ao Norte e na súa estremeira cara ao solpor do Carballiño… e pola banda traseira a solaina de pedra, aberta nun extremo cara ao abrente e estendida cara ao  sur, ao Miño e ao pico sacro de San Trocado… e mais ao fondo o Coto de Novelle, como a silueta dun moucho de alas estendidas entre o océano ondulado da serras Gerês. Horizontes de Trasalba co Castro da Cidá de San Cibrao das Las, territorio ben querido e descrito por López Cuevillas no capítulo que  pecha o libro de Prosas Galegas (1962) Mitoloxía e historia da paisaxe de Trasalba.  

Otero Pedrayo polo pintor A. Pulido (Auditorio da Casa- Museo, Otero Pedrayo)

Dignificar as esencias de Galiza, o idioma, as tradicións gardadas no sagrario da aldea

San Pedro de Trasalba, cristianización dada a lugares pedregosos, gabanciosa parroquia dos Chaos de Amoeiro, empoleirada ao sol e emproando cara  dúas bocarribeiras: a do ribeiro do Miño e a do Pequeno Ribeiro, a do Barbantiño. Vértice onde madurar os presupostos do Nós (plural e maiestático), comunal e distinguido, de inadaptados, diferentes,  os que atopaban a súa orixinalidade no remol das orixes, das tradicións, do idioma, da arte, dos vellos saberes populares, sobre os que re-crear para distinguirse nunha Europa que comezaba a uniformizarse. A seguir a estela dos exquisitos románticos e modernistas decadentistas, nos irmáns do panceltismo, rebeldes contra a maquina. Clamando polo humanismo, polo espírito.

Trasalba pola que pasou como mestre Noriega Varela, onde pronunciou homilías de máis pólvora que incenso, o abade da veciña parroquia de Beiro, Basilio Álvarez… con  ilustres visitas: Risco dende sempre, Castelao redeseñou a solaina de entrada… Paco del Riego, Victoria Fernández-España tiñan aquí cuarto de convidados, como sitio todo bo e xeneroso.

Souto dos Gatos – Castelao

A Casa Grande de Cimadevila, o observatorio… a inspiración

Casa Grande, que non pazo, ben podendo selo pola grandeza dos seus propietarios. Ben murada, cavilando nas gavillas salteadores, con portalón e limeira aberta ao souto e ao camiño, sobre a que campa o nome de Benito Sotelo, feita no 1764. Herdada por  Antonio Otero Rodríguez, esparterista lucense, casado con Vicenta Sotelo, da que nacerá o herdeiro, Enrique Otero Sotelo, médico formado en Compostela, liberal, deputado, defensor de Curros, casado con Eladia Pedrayo Ansoar, filla do avogado Ramón  Pedrayo Silva, a xénese de don Ramón.  Portalón de madeira refeito nos anos oitenta seguindo pautas do etnógrafo Xocas. Ao entrar á esquerda, a fonte e o seu pilón para abeberar, sobre a que verte auga a labra dunha sinxela faciana. Á dereita as cortes que hoxe son biblioteca, á esquerda o alpendre para acoller o carro, o forno e un espazo que agora sirve de tenda literaria .E nesa mesma esquerda, a fachada da casa, erguida en arcos sobre a adega, fachenda da casa,  coa súa solaina de madeira, na derradeira parte cuberta en galería. Porta que da acceso a un corredor que reparte os cuartos, á esquerda a cociña, o corazón, con lareira e tamén bilbaína, onde no inverno nunca faltou o guiso dun coello, a perdiz e para o neno pombiños, no verán as troitas e anguías, pementos… recendo que aínda dura. Lugar de festa nos dias da matanza, cos contos do Tenacio, do Tumbalobos, do Valeiras……onde non faltaron pendurados na cambota restras de chourizos, touciño…unto e por algures un xamón encetado… Á dereita o  cuarto da empregada, arca, as monturas, mantas maragatas… a carón o baño, máis adiante á dereita o cuarto de traballo de don Ramón, coa mesa, o quinqué, rodeado de libros. Quizais, á man, un inspirador dedal de tostado feito na casa… A muceta e o birrete azuis dos seus tempos de catedrático en Compostela. Arrecendo a viño que viña do baixo, da adega, hoxe auditorio. Noutrora unha cadeira de coiro que don Ramón contaba fora da inquisición, regalo dos xornalistas de Compostela No inverno os braseiros, no verán as xanelas tornadas…e na noite o suxestivo alampear dos quinqués. O acceso á galería cuberta. Gastado corredor coas lembranzas das ringleiras de  enfermos esperando a consulta do pai. Táboas e curral de porco, galiñas epavo, que escoitaron os padrenuestriños agradecidos dos enfermos. Asuntos contados por Francisco del Riego  en “O Señor da Casa Grande de Cima de Vila ” ( 1988)

Frontal do Castro de Formigueiros (Amoeiro) Foto_Felipe Senén

Corredor que desemboca na sala, con acceso ao  sinxelo cuarto de don Ramón e Fita, intocable, dando paso a outro salón, gabanza da casa,  con acceso ao cuarto da nai, de dona Eladia, coa capeliña  para o San Antoniño, santos non faltan… e o cuarto dos convidados. Salón presidido polo mapa de Fontán,  que significaba ter a man toda Galiza. Non se lle tocaba ao pouso do pasado. Ao cabo dos anos incorporáronse algúns agasallos, entre eles o cadro de Castelao o Souto dos Gatos: cun  sobranceiro castiñeiro murcho, arrimada unha escada e gatos aforcados das súas polas; vellos símbolos: a árbore, como a terra; os gatos, a filosofía… a escada… Sala con xanelas, pechadas na noitiña, abertas ao  amencer. E a porta da solaina de pedra, a dos couselos, onde don Ramón leu de neno as Mémoires d’outre-tombe, do admirado Chateaubriand… fresqueiro lugar nas raxeiras, a carón da que dicía ser a araucaria que plantara o pai cando o seu nacemento un 5 de marzo de 1888 na ourensán casa familiar da rúa da Paz 25… árbore derrubada por un vendaval no entroido de 1973, mal agoiro… madeira que naquel de 10 de abril do 1976 serviu para a carpintería do cadaleito do Señor de Trasalba,

Casa Grande de Cimadevila, Trasalba, 2

 Parroquia de Trasalba, merecedora de todas as atencións. Velaí hoxe a reitoral dos parladoiros, e esa corredoira, deixando de banda, o vello souto, xa fendido pola nova estrada,  o Pazo do Campo ou de Gaión, cun cruceiro que no 1948 mandou erguer dona Eladia, como para esconxurar o mal fado sobre aquela casona que o seu marido mercou para non decaer en mal veciñanza e que don Ramón vendeu ao final dos seus días, hoxe rehabilitándose.

0 18 de maio, Día dos Museos,  Amigas e Amigos dos Museos de Galicia determinaron outorgarlle o Premio Pedra do Destino 2026 á Casa Museo Otero Pedrayo, a que deixou para Galiza. E faino seguindo esa ansia de afondar no humanismo, no espírito do pobo.

——————————————————————————-

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “recuperación das tradicionais tabernas galegas e “Ó Volter” de Ourense”

Felipe Senén: “A verdadeira historia dun tesouro dos mouros: o casco de Leiro, Rianxo”

Felipe Senén: “O fotógrafo de Allariz José Suárez nas Artes Galegas

Felipe Senén: “O Meirás, da Condesa de Pardo Bazán, residencia estival do ditador… xa nas mans do pobo”

Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”

Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”

Felipe Senén: “Tradicionais magostos: afianzar a tribo arredor de cacharelas, castañas asadas e viño novo”

Felipe Senén: O  “Día das Artes Galegas” dedicado a Díaz Pardo: o compromiso ético e estético con Galiza

Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”

Felipe Senén: ” 11  de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “

Felipe Senén: “Pepe Paz, o  pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “

Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”

Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------