Felipe Senén: O  “Día das Artes Galegas” dedicado a Díaz Pardo: o compromiso ético e estético con Galiza

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

DIAZ PARDO E FELIPE SENEN ©XURXO LOBATO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

Dende o 2015 a Academia Galega de Belas Artes celebra  cada  1 de abril como “Día das Artes Galegas,  neste 2025, dedicado ao creador de formas Isaac Díaz Pardo. Data que rememora as calendas de Abril do 1188, cando o Mestre Mateo, o primeiro celebrado con este “día”, asenta os linteis do Pórtico da Gloria.

Díaz Pardo, o eterno insatisfeito, queixábase de que ningún goberno galego fora capaz de recuperar o Seminario de Estudos Galegos : coñecer para querer e defender Galiza, o que coa crueldade da guerra, foi espoliado e moitos dos seus creadores paseados, represaliados, exiliados, trastornados… Iso si, véxase o que fixeron os cataláns, despois da morte do ditador, retomando a misión do Institut, d´Estudies Cataláns. E velaí a teima na vida de Isaac.

Díaz Pardo en Sargadelos

Colgar co cabalete e a pintura “de galería” polo deseño industrial: arte con orixe e orixinalidade

Fillo de Antonia Pardo Méndez, pegado ao  facer do seu pai, Camilo Díaz Baliño, singular nas Irmandades da Fala,  escenógafo con talleres na traseira da  compostelá Casa da Tumbona na rúa das Hortas, traballador para o empresario Isaac Fraga, padriño de Isaac.  Onde o habilidoso mociño colabora facendo carteis para o Partido Galeguista, os que mesmo asina Castelao… Dáse o golpe franquista, co encadeamento e aleivoso asasinato de Camilo nunha cuneta de Palas de Rei. Entre o horror o fillo fuxe e escóndese na Coruña…. Para despois da Guerra ser bolseiro da Deputación da Coruña: fórmase en San Fernando de Madrid, onde o tema relixioso e mítico está nas súas primeiras obras, recorre a Italia, afonda nos veneciáns. Autor de lenzos que el mesmo enmarca recordando as habilidades do pai. Faise o  enfermo para non pintar o encargo da bóveda da basílica franquista de Cuelgamuros, que realizará o mosaísta catalán Padrós… Anos de varias exposicións con motivos simbolistas. Velaí en gran formato “A barca de Caronte”  lección de saber en forma e fondo: a loita colectiva en difíciles circunstancias… “Os afogados” (Col. Abanca) que debera referirse aos mártires: no chan dun peirao corpos mortos, de ollos desencaixados, sangue dun tiro na cabeza,  a xente recolléndoos …e ao fondo a luz dun faro. “O Discurso” (Col. Deputación da Coruña, Museo B. Artes, Coruña) en realidade é un mitin…e sempre vellos, mozos, homes, mulleres, nenos, o pobo con esa singular ollada á esperanza, as camisas brancas que lembran ás de Goya nos fusilados. “O Concerto da Zanfona”, Alba de Gloria: unha moza toca a zanfona…tribo arredor, como no Pórtico da Gloria.

Díaz Pardo, os afogados

A obra de Isaac encarreirase cara á divulgación, ao cartaz de cego, recollendo as leccións de Castelao: con debuxo e texto. Para no 1948 deixalo todo e dedicarse, en teoría e praxe á conciliar a idea de arte e industria, tradición modernidade, o debate sobre arte popular, artesanais…Puntualizando de xeito retranqueiro que o que el facía, non era arte, nin artesanía era  “capitalisanía”,  definíndose a un tempo como un “conservador libertario” ou un “ limpamerdas e templas gaitas” . Non se entendeu esa lección case de cartuxo.

As ideas de Luis Seoane, de Díaz Pardo, atópanse para ser axudados por intelectuais do exilio arxentino e retomar aquela espoliada misión “de espírito” , poñendo en marcha, en teoría e praxe, o Laboratorio de Formas de Galicia, proposta da que saíron máis de duascentas publicacións. Contribuíndo así á información e formación na democracia. Empresas nas que se anova sobre o perdido: a misión do Movemento Renovador da Arte Galega,  dándolle voz aos exiliados, auxiliando, en silencio a intelectuais,  retomando códigos… tratando de normalizar ética e estética a través do Instituto Galego da Información. A misión do vello Seminario de Estudos Galegos estaba en marcha. Máis outros movidos máis polos cartos que pola dignidade de Galiza, fixéronse coa administración das empresas . Sitio no que un Isaac solitario, curtido nas andainas, enfermo, resiste numantinamente e esperanzado até o seu final, o que chegou nunha noite de Magos do 2012. A un tempo  “secuestraron” os fondos editoriais de “Gráficas o Castro Moret”,  tan necesarios, entre eles unha edición facsimilar de “Galicia Hoy” ( Ruedo Ibérico en 1965)…Ao respecto convén coñecer a entrevista realizada por Xosé Manuel del Caño en “o Contencioso de Sargadelos”. Edc. Linteo (2009).

Díaz Pardo, O discurso 1940

O pórtico, a teima do asasinado Camilo Díaz  como novo logotipo… a busca da Luz…

Díaz Pardo escolleu o pórtico como logotipo das empresas que tiña ao fronte, o que significa a elementalidade arquitectónica: dous chantos como xambas, un oco central e un lintel sobre deles. Símbolo de Galiza, da Esperanza, de pasaxe, tamén como Ara Gael, interpretada con teimosía pola xeración do seu pai, Camilo Díaz Baliño. Mesmo nos derradeiros anos de Isaac ao encargarlle o Parlamento de Galiza un vitral para coroar a presidencia do hemiciclo, elixiu este pórtico. Aquí representado entre unha cenefa, debaixo con caracois que asoman ao sol e que, dende as esquinas, ascenden polo arco e se van convertendo en aves que voan…  Rastros do Decadentismo e do simbolismo romántico que tamén moveu a Castelao.

isaadiazpardo.abarcadecaronte

Isaac viviu radicado nas súas orixes, dedicado a superar a obra escenográfica do seu pai, a dignificar Galiza. Confín tan susceptible a esperpentos e feismos, efectos da degradación cultural. Coidando a misión de levar a Arte a un sistema industrial humanizado, para espallala como símbolo dunha terra e dun tempo. Aspectos na vangarda mundial que a crítica acocha.

Outros prefiren e cotizan máis ao Díaz Pardo pintor, como mesmo podiamos facelo noutras vertentes do humanista, entregado a servir, non a servirse: cartelista, escultor, mesmo arquitecto, editor, animador cultural, escritor… E para iso compre escoitalo, leelo… e abondan textos, o mesmo vídeos como “As olladas de Isaac”, determinante confesión. Mesmo tamén os Cadernos do Laboratorio de Formas de  Galicia, do Seminario de Estudos Galegos… Ansioso de re-crear e superar as teorías revolucionarias do obradoiro de arte ruso de Wchutemás (1920-1930), preparando, dende o racionalismo, artistas para a industria. Nas miras tamén a busca do esencial proposta polo grupo alemán Bauhaus (1919-1933)…e, como non, nesas bases os esforzos de Risco, Castelao, de Maside por dignificar Galiza.

Díaz Pardo, Vitral Parlamento de Galiza 2007

“As formas han de ter patria como as linguas; ao fin e ao cabo elas son unha linguaxe….”

Isaac forma un tandem  e coincide co creador  Luis Seone, teimundo coa misión social da Arte. Saberes e esforzos dos que naceron  as cerámicas do Castro de Samoedo, despois na Mariña Lucense, retomando a memoria do ilustrado Ibañez e o nome de Sargadelos para unha nova fábrica de porcelana. Sempre deixando constancia de que este no é un capricho, nin unha obra valeira, que detrás de todo está o “espírito” de Galicia… Sendo pioneiro en empregar a idea e misión de “non da a esquecemento da inxuria…” o  de “memoria histórica”. Para a difusión nacen as Edicións do Castro,  coa colaboración valiosísima de Moret;  auditorios con actividade nunha e noutra factoría, os museos coas súas coleccións, e no Castro o Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside, para homenaxear e mostrar como a partires do Rexurdimento nacen os Renovadores e unha reflexión teórica, ética- estética. Isaac di: “As formas han de ter patria como as linguas; ao fin e ao cabo elas son unha linguaxe e xa sabemos o que pasou cos esperpentos (Significado e orixe da labor restauradora de Sargadelos” Cadernos do Laboratorio de Formas de Galicia. N.1. Ed. do Castro Sada. A Coruña 1970. Asumindo a importancia da comunicación, creando en Compostela,  o Instituto Galego da Información.

Díaz Pardo, reloxio 1948

Isaac entregouno todo, o comunista integral, outros viñeron e fóronse facendo coa maioría, mesmo coutándoo e esborrallando as bases, os fins, a ética e a estética. Queda no haber o orgullo de ter participado naqueles cursos internacionais no Castro e Sargadelos, con  creadores de todo o mundo, os que hoxe se gaban de ter tal escola.

CARTAZ DAG 25

Os poderes públicos aínda non entenderon o que significa a inversión en dignidade, en cultura, en canto supón a obra e o legado de Díaz Pardo. Inmenso capital e madurez para anos difíciles.

______________________________________________________________________

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”

Felipe Senén: ” 11  de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “

Felipe Senén: “Pepe Paz, o  pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “

Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”

Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño