Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Por Felipe-Senén

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xa se sabe moito máis deste histórico persoeiro, natural do Ribeiro do Arenteiro. O seu retrato campa na biblioteca do pazo de Lousada Diéguez en Moldes e quizais alí haxa máis sobre este retórico predicador que non foi indiferente a o tempo convulso, entre liberais e absolutistas, que lle tocou vivir. Mesmo don Ramón Otero Pedrayo que ben coñecía as pantasmas galegas dos tempos da Ilustración, referíase a il con tino, cando tocaba estas terras e dicía que era de Moldes, seguro polas referencias dadas por Lousada. Agora, nestes anos de pescudas, de teses, xa se sabe máis e a Academia da Historia publicou a estrutura dunha súa biografía que abre portas que abren a dar máis de si.

Veremundo Arias Teixeiro

Os solemnes pazos do ribeiro do Arenteiro, como son os de Banga , Cabanelas, Moldes ou Pazos, gardan antigas historias que tamén resumen as  pedras armeiras que coroan os seus portalóns, como marca da casa e da fidalguía. Estruturas que se complementan con documentos e artefactos moitos deles perdidos ou espallados polos anticuarios. Ao respecto caeu nas nosas mans a oración fúnebre pronunciada ante un solemne catafalco de traza neoclásico montado na rotonda das Escuelas Pías de Valencia. Predica dada polo reverendo Lorenzo Ramos de San Blas, Reitor do Seminario da Orde de Clérigos Regulares das Escolas Pías. Libreto impreso en Valencia no 1854. Paxinas aburatadas pola couza e os ácaros, con manchas de tinto que cavilamos ser de Cabanelas e nas que entre a retórica barroca, teolóxica e bíblica se enguedellan aspectos da vida deste fidalgo conservador.

Dise nesa oración que Veremundo Arias Teixeiro é fillo “dunha familia noble, antiga, rica de virtudes e non de escasos bens de fortuna…” do Pazo de Fondo de Vila, en Cabanelas, estruturas que, no noso tempo e entre soidades o mestre construtor Adolfo Otero Cerdeira se empeñaba en devolver ao seu esplendor, repoñendo estruturas e salvando documentos. El formado nas tradicións, nas obras da Veracruz, ben sabía que poñía lle tocaba as mans a un  “genius loci” histórico.

Veremundo era un eslavón  máis dunha prolífica e influínte saga familiar. Fillo de Anselmo Arias Teixeiro e de Catalina Rodríguez Carreiro, de tíos ben coñecidos na orde dos bieitos,  como Pedro Arias Teixeiro, abade do mosteiro asturiano de San Juan Bautista de Corias e de  Anselmo Bartolomé Arias Teixeiro, abade de Silos e logo  bispo da calabresa Cortona e da siciliana Agrixento, os que axudarán a sinalar o seu destino. Casa tamén na que máis tarde, no 1780 nacería Manuel Ramón  Arias Teixeiro de Castro, sobriño dos anteriores, bispo de  Santander. Pazo de Fondo da Vila, con aura mística, alquímica que nimbará aos que, aínda despois sairán desta casa, como os irmáns Anselmo e Antonio Arias Teixeiro, seguidores do gótico Raimundo LLul, dous referentes da ilustración, filósofos, místicos que entran en contraste coa razón, coa alquimia, coa ciencia, coa matemática. Estudosos e precursores da vitivinicultura nos seus ribeiros. Saga da nobreza rancia emparentada entre si, biografías que son guións cinematográficos, ben coñecidos e fonte de inspiración pra autora dos Pazos de Ulloa, a Condesa de Pardo Bazán. Figuras curiosas de Anselmo e Antonio estudadas polo boticario e historiador da ciencia Miguel Álvarez Soaje, quen ten aberto moitas portas de luz a algo que parecía esvaecer. Como os estudos xenealóxicos sobre a longa familia dos Arias Teixeiro realizados por de la Peña Vidal ou as pescudas de Frutos Fernández González como as referencias do lembrado profesor cabanelao en Alemaña, Xaime Ferreiro Alemparte.

O devandito Veremundo, nacido un 21 de outubro do 1742 e  bautizado en Santa Baia de Banga un 6 de febreiro de 1743 co nome de Benito Antonio, santos moi na devoción desta súas terras e moi indicativos da súa personalidade: a Teoloxía con canto supón de ponte, de palabra e arte  co a humildade do Santo de Asís. Cousas así ténnolas contado naquelas visitas o lembrado párroco don Francisco Lovelle. Naceu  pois aquel Arias Teixeiro nos tempos das luces, da razón, da Ilustración, do neoclasicismo, pra moverse entre as sombras herdeiras do Barroco. Neno, con posibilidades e  que como moitos outros fidalgos , de non escoller o camiño da milicia escolleu o  da relixión. Conta o predicador das súas exequias que nel destacou a memoria, o enxeño, a capacidade pra oratoria, o don da literatura e di que “Veremundo ya no cabe en su patria. Santiago ciudad célebre fue el teatro a donde le mandaron sus padres… flujo y reflujo de la bulliciosa concurrencia de millares de jovenes, que estudaindo las bellas letras, perdían las buenas costumbres”.  Era aquela Compostela un obradoiro de Barroco que se debatía no neoclásico. Pasa logo a Valladolid, para tomar o habito, un 14 de outubro do 1759 no mosteiro asturiano de Corias, a carón do seu tío, mudando o nome  de bautismo, Benito Antonio, polo de Veremundo, nome, propio da Gallaecia suévica, entón xermánico, do que deriva Bermudo, Bermudes… Bermudo I foi un rei da Gallaecia do século VIII, protexendo as reliquias dun reino cristián das razzias islámicas nos montes da Asturicense.

Catafalco para exequias de Veremundo Arias Teixeiro 1831

Seguidor de Cicerone, Salustio, Horacio, Virxilio… o clasicismo está nas súas lección, as ferramentas que lle permitirán transmitir, seducir con esa , destacando polo brillo  e o maxín que pon nos seus sermóns, “mueve, convence, persuade… de Lengua de Oro”

O bieito mozo Veremundo sigue os seus estudos de Teoloxía e Filosofía en Irache, Navarra, onde adquire o grado de bacharel no outono de 1781, para logo e at o cambio de século, incorporarse á universidade de Salamanca da que será profesor de teoloxía e mesmo abade do Colexio de San Vicente, onde elabora un plan de estudos para os colexios monásticos. No 1803 Carlos IV propono para o bispado de Pamplona, o que acepta ao seu pesar de preferir as prédicas polos camiños dun tempo convulso entre a relixión e a razón. A súa despedida de Salamanca foi tan apoteótica como a súa entrada na capital de Navarra, onde é recibido un 17 de Xuño de 1804. Aquí a súa xestión caracterizouse polas construcións, por unha incansable misión e a xenerosidade cos máis humildes. Conservador de teoría e praxe fronte ás campantes ideas revolucionarias, volterianas, napoleónicas. Negouse a admitir a Xosé Bonaparte, o que lle costa a persecución, polo que no 1809 fuxe a Lérida, despois na mesma provincia pasa a Cervera e logo a Mallorca, mantendo o facho absolutista e mesmo reclamando a volta da Inquisición, oposto á exclaustración relixiosa, contrario á Constitución das Cortes de Cádiz… no 1803 é elixido a deputado a cortes por Ourense, e Presidente da Comisión de Instrución pública. No 1814 Fernando VII preséntao para ser bispo de Valencia, cargo do que toma posesión un 25 de marzo de 1815. Aquí deixará fonda pegada, como fundador dunha casa pras misión, reedifica o hospital, a casa de expósitos, o pazo episcopal…caracterizado pola súa humildade.

Dende os seus principios contrario igualmente á Constitución de 1820 polo que supoña na extinción dos mosteiros e canto isto supoñan pra a educación relixiosa e custodia do patrimonio. Encadeado no 1820.

Reclamado entre o ambiente clerical, de Compostela a Madrid. Pola súa lealdade Fernando VII tíñao proposto para primado de España en Toledo… pero ten que embarcar exiliado, pasa a Perpignan, logo a Toulouse,  onde propicia a expedición dos “Ci en mil hijos de San Luis” en defensa do Antigo Réxime, poñendo fin á Guerra Realista e ao Trienio Liberal. Grupo de voluntarios cos que retorna un 29 de decembro de 1823 pra ser aclamado como nos seus vellos tempos.

Condecorado coa Gran Cruz de la Orden de Carlos III e no 1816 coa  Americana de Isabel La Católica e membro do Consello Real. Finado nas terras valencianas de Villar del Arzobispo un 15 de febreiro de 1824. Enterrado con todos os honres na capela de Santo Tomas de Villanueva da catedral. Recordado como relixioso de casta e rango, filántropo, arriscado, leal e trotamundos, enredado nun debate entre o terreal e o espiritual os que teimaba en conciliar. Historias que a máis de contalas deberan facerse visibles e honrar os ribeiros nun museo de actores mais que de espectadores. Historia que da moito no que matinar.

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————

Outros artigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño