Manuel Villanueva recibe o título de Fillo Adoptivo da provincia por “contribuír a facer de Ourense un plató ancho e aberto, con inmensas posibilidades”

Manuel Baltar, que presidiu no salón de plenos do Pazo Provincial o solemne acto de entrega da distinción ao comunicador, remarcou que o homenaxeado é “un magnífico exemplo das características fundamentais de Ourense e das súas xentes: a creatividade, o traballo e a condición de emigrante. Porque acreditas pertencer á estirpe da ourensanía: esa intuición, esa chispa, ese inxenio que engancha directamente coa ialma deste pobo”

Manuel Villanueva, director de Contidos de Mediaset, lembrou os seus fortes vencellos coa provincia e mostrouse emocionado polo recoñecemento: “Adoptándome a min adoptan tamén aos que quero. Todos eles levan dende hoxe a emoción conmovedora desta terra prendida no seu corazón. Ourense é unha marabillosa catividade sentimental, unha irmandade irrenunciable e unha prolongación da miña familia”

AVANTAR ACTIVIDADES

O conselleiro delegado de Mediaset España, Paolo Vasile, afondou na súa laudatio nos lazos entre Villanueva e Ourense: “Ourense merece un hijo como Manolo, y Manolo merece unos padres como Ourense”

“Eres el mejor defensor que puede tener Ourense, por tu determinación por ser útil y por la constante búsqueda de mejoras para esta tierra”, sinalou na súa laudatio o xornalista Ignacio Rodríguez

Ourense, 4 de novembro de 2022.- O comunicador Manuel Villanueva recibiu esta mañá o título de Fillo Adoptivo da provincia no transcurso dun solemne acto, presidido por Manuel Baltar, que lle agradeceu ao homenaxeado “ser un magnífico exemplo das características fundamentais de Ourense e das súas xentes: a creatividade, o traballo e a condición de emigrante, sendo, dende hoxe, un excelente embaixador de Ourense alá onde te atopes”. 

A homenaxe a Manuel “Cachi” Villanueva, director de Contidos de Mediaset, celebrouse este mediodía no salón de plenos do Pazo Provincial, que congregou, xunto a familia, amigos e directivos de Mediaset -entre eles, o conselleiro delegado, Paolo Vasile-, a unha ampla representación da sociedade ourensá e galega, ademais de representantes institucionais, entre os que se atopaban o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Diego Calvo; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; parlamentarios autonómicos e deputados da corporación provincial. 

“Como deixou escrito o músico Erik Satie: ‘Para que o agradecemento sexa verdadeiro debe ser recoñecible’. Non abonda con darlle as grazas en privado a quen no lo merece, debemos facelo público”, comezou Manuel Baltar o seu discurso para motivar esta homenaxe. 

Uns alicerces, recalcou o presidente da Deputación, entre os que citou o sentimento de “sermos e sentírmonos galegos”, “unha galeguidade que ten demostrado todos os días, co pensamento posto en Galicia, con confianza na nosa xente; construíndo o presente, soñando o futuro”. Pero sen embargo, non estarían completos os méritos sen ter en conta a súa ourensanía, “esa peculiaridade que nos distingue e caracteriza, un sentimento fondo e arraizado de pertenza a unha estirpe honesta, creativa e loitadora. Ese sentimento descrito por Luis González Tosar: A ourensanía, lonxe de localismos, consiste nun xeito propio de andar e de interpretar o mundo. E dende hoxe, Manuel Villanueva, un dos directivos máis recoñecidos da industria audivisual, poderá unir á súa condición de galego, a categoría de ourensán universal”. 

“Porque a ourensanía é facer unha Galicia de vocación universal. E ti acreditas pertencer a esa estirpe que ve medrar a herba. Esa intuición, esa chispa, ese inxenio que engancha directamente coa ialma deste pobo”, abordou Manuel Baltar, que sitou esta homenaxe no pasado, no presente e no futuro porque a “Cachi quédalle moita vida, moitos proxectos, moita afouteza para continuar amosando a súa condición de ourensán, a súa cautivadora personalidade e a inagotable fonte de ideas e propostas triunfadoras que salen do seu maxín”. 

“Graciñas querido Cachi, moitas grazas por contribuir a facer de Ourense un plató ancho e aberto, con inmensas posiblidades, con extraordinarias historias que contar. Beizón, como dicimos en Ourense, pola túa inestimable axuda e polo teu constante apoio”, sinalou o presidente da Deputación de Ourense.

Manuel Villanueva: “Adoptándome adoptan tamén aos que quero. Ourense é, pois, unha marabillosa catividade sentimental, unha irmandade irrenunciable e unha prolongación da miña familia”

Manuel Villanueva mostrouse esta mañá emocionado polo título de Fillo Adoptivo da Provincia. “Este será o meu primeiro discurso como ourensán”, sinalou un home que resaltou que “aprendín a querer a Ourense na miña infancia, nas estadías no Carballiño”. 

O homenaxeado repasou os seus vencellos coa provincia, que seguiron, explicou, avanzaron coas Xociviga do Carballiño nos 80, pasaron polo OUFF xa nos 90 e foron fortalecendose: “Descubrín a cidade de Ourense, un espazo moi vivido polas súas xentes. Esta cidade é máis que un cruce de camiños, é un compendio de historias, un espazo reivindicado no mapa”. 

Villanueva falou dos seus amigos ourensáns e a súa pandilla, Os Pándigos. Tamén quixo destacar a relación con Paolo Vasile, “ourensán do mundo enteiro”, e con Ignacio Rodríguez, antes de repasar os seus recordos arredor das viaxes por Celanova, Cartelle, Bande, Allariz, ou a súa paixón polos viños do Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras. 

“Ourense é terra dos mil ríos que conflúe na súa arteria, o Miño, o camiño serpeante hacia o mar. Xa o dicía Castelao: os peixes non son dun lugar ou d’outro. Son do Miño. E nós tamén”, destacou Manuel Villanueva, que agradeceu o recoñecemento da Deputación: “Adoptándome a min adoptan tamén os que quero. Todos eles levan dende hoxe a emoción conmovedora desta terra prendida no seu corazón. Ourense é, pois, unha marabillosa catividade sentimental, unha irmandade irrenunciable e unha prolongación da miña familia”. 

O director de Contidos de Mediaset terminou o seu discurso parafraseando ao ourensán Valente: 

“Una palabra encierra toda la verdad. Y es solo una: Gracias”. 

Paolo Vasile: “Ourense merece un hijo como Manolo, y Manolo merece unos padres como Ourense”

O conselleiro delegado de Mediaset España, Paolo Vasile, sinalou na súa laudatio que “no es fácil hablar en tan poco tiempo de Manuel Villanueva. Porque él es Cachi, Manuel y Manolo. Cachi, hija de la inteligencia y la curiosidad. Manuel, hijo del prestigio y el reconocimiento. Y Manolo, la paciencia, hija del equilibrio y madre del consenso. Han sido estos tres manolos, que han recorrido todo el sector de comunicación de España, los que certifican al mejor de los comunicadores españoles”. 

Paolo Vasile valorou a “paciencia infinita” de Villanueva, un hombre “práctico y poético, capaz de escribir una poesía sobre el vino y después decirte cuántas monedas tiene en el bolsillo”. 

“Ourense es una de las tres ciudades de Villanueva, Marín -donde nació-, Madrid -donde lo llevó el trabajo- y Ourense, a donde lo lleva continuamente el corazón. Ourense merece un hijo como Manolo, y Manolo merece unos padres como Ourense”, resaltou na súa laudatio o conselleiro delegado de Mediaset. 

Ignacio Rodríguez: “Es el mejor defensor que puede tener Ourense, por tu determinación por ser útil y por la constante búsqueda de mejoras para esta tierra” 

O xornalista Ignacio Rodríguez recoñeceu “la intensa y larga aproximación vital a Ourense” de Manuel Villanueva, “el mejor defensor que puede tener Ourense, por tu determinación por ser útil y por la constante búsqueda de mejoras para Ourense. Porque son de esta tierra los que nacen en ella pero también los que piensan, crean y trabajan en ella, provengan de donde provengan”. 

Rodríguez valorou o compromiso de Villanueva: “No recuerdo que nunca hayas dicho que no a una petición de esta provincia ni que no la hubieses intentado cumplir”. E destacou os valores dun home “humilde, humano y trascendente”. 

“Ourense es una tierra de extremos, donde lo habitual es irse y lo normal es querer volver, que decidió entonces que Ourense es ‘o mundo enteiro’. Ahora contigo en casa, querido Cachi, empezaremos a volar lo infrecuente, convencidos que los desiertos son espacios, y los espacios se cruzan”, destacou Rodríguez antes de parafrasear a Valente e Cuerda: “O poeta Valente sinalou nunha ocasión que ‘marchar foi a única maneira de quedar para sempre’. E ti, irmao, marchaches. E Cuerda remarcou: ‘A miúdo o mellor camiño de ida é o de volta’. E hoxe chegas, fixeches os dous percorridos. Benvido a Ourense, benvido a túa casa”. 

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, como instrutor do expediente de honra, repasou os méritos do homenaxeado, recoñendo como un dos directivos de televisión de referencia en España, exercendo de ourensán diariamente, propiciando información nos medios para visiblizar este territorio, facendo xestións no seu ámbito de influencia e sendo difusor entre os seus contactos das bondades desta provincia”. 

Un dos comunicadores de referencia en España

Manuel Villanueva de Castro (Marín, 1957) tivo unha intensa relación coa provincia de Ourense tanto na súa infancia como na adolescencia, gozando da vila do Carballiño durante varias semanas ao ano. Unha vila á que seguiu vencellado durante a súa etapa profesional na radio e na televisión autonómica galega, cubrindo informativamente todos os anos as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga). A traxectoria de Manuel Villanueva dirixiuse con posterioridade cara á televisión privada, desempeñando o seu labor en Canal+ ata voltar á televisión en aberto. Entre 2000 e 2002 traballou como director de contidos de Antena 3 e, dende entón, desempéñase como director xeral de Contidos de Mediaset España.