O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén participa na homenaxe ao exalcalde do Irixo, Manuel Penedo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na homenaxe ao exalcalde do Irixo, Manuel Penedo, que a actual corporación organizou na Casa do Concello.

No acto estuveron presentes Míguel Santalices Presidente do Parlamento, Lito Nogueira alcalde do Irixo, Patricia Torres alcaldesa de Boborás, así como familiares, amigos e veciños de Manuel Penedo

AVANTAR ACTIVIDADES

O Irixo sempre lembrará a Manolo Penedo ao fronte da alcaldía – manifestou  Gabriel Alén- un alcalde que deixou pegadas admirables e indelebles na memoria colectiva dun pobo satisfeito e agradecido. As súas obras quedan para sempre e o respecto e agradecemento dos seus veciños refrendámolo no día de hoxe  co recoñecemento como fillo predilecto de aquelo que máis quería Penedo e ao que dedicou a súa vida ao Concello do Irixo.

O delegado territorial subliñou  que ser alcalde do pobo onde se nace, e selo durante tantos anos, é unha proeza  que fala ás claras da transcendencia dos feitos e do armazón da persoa, fiel e leal ás crenzas e pensamentos que abandeiraba; receptivo e conciliador.

Por iso, -continuou  Gabriel Alén- sirva tamén esta homenaxe  como recoñecemento a todos os alcaldes e alcaldesas que sen lugar a dúbidas, desenvolven un labor político exixente, arriscado e de total dedicación. Pero á vez, trátase do labor máis gratificante, satisfactorio e enriquecedor que calquera persoa pode atopar na vida política.