Boborás baixa ata os 6 casos, O Carballiño sobe ata os 8 casos e Maside mantén os 11 casos

A comarca iguala hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 26, unha cifra que se balancea pola evolución de catro concellos.

No Carballiño, hoxe os datos soben dos 6 contaxios de onte ós 8 casos activos.

Boborás acompaña a decisión do comité clínico de aliviar as restricións cun descenso de casos. Hoxe os datos baixan ata os 6 caso, dous positivos menos ca onte.

Publicidade Premer na Imaxe

Maside amosa certa preocupación, co aumento na pasada semana debido a dous brotes familiares. Hoxe mantén os 11 contaxios, e representa o máximo da comarca. San Cristovo de Cea conta cun positivo.  E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE